Diferenzas entre revisións de «A morte na literatura popular galega»

* ''Frío coma a morte''
* ''Guerra a morte'': sen dar cuartel.
* ''Ir pra baixo do chan coma as teupas'': frase que anuncia a inminente morte dalguénde alguén.
* ''Ir pró ceo das teupas''
* ''Ir soltando o ferro'': frase coa que se indica a decadencia física dun vello. Procede do feito de que cando unha roda do carro vai vella, perde os cravos e as lamias.
* ''Loitar coa morte'': estar durante longo tempo en agonía.
* ''Máis morto que vivo''
* ''¡Máis valera morrer!'': expresión ante unha desgraciadesgraza irremediable e de graves consecuencias.
* ''Morra o conto'': frase para cortar unha discusión, forzando o paso a outro tema. Tamén se usa para pechar un trato.
* ''Morrer á miñoca'': morrer na máis absoluta miseria, de fame; tamén ''morrer á mioca''. Aplícase tamén en vida, co significado de estar na maior pobreza, vivindo de pedir esmola polas portas, e corre tamén nas formas ''andar, vivir ou casar á miñoca'' ou ''á mioca''.
10.315

edicións