Fachada das Pratarías: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Praza de praterías. Catedral de Santiago de Compostela. 01-2011-9.jpg|miniatura|300px|Fachada das Pratarías.]]
 
A '''fachada das Pratarías''' é a fachada meridional do cruceiro da [[Catedralcatedral de Santiago de Compostela]].
 
== Historia e características ==
Liña 8:
A fachada das Pratarías debe o seu nome aos obradoiros de [[prata]] que existían no lugar.
 
No [[tímpano (arquitectura)|tímpano]] da porta esquerda aparece o [[Cristo]] tentado por un grupo de [[demo]]s. Nas [[xamba]]s aparecen Santosanto [[André]] e [[Moisés]]. No [[contraforte]] esquerdo, o bíblico rei [[David]] sentado no seu trono coas pernas cruzadas translucidas a través da fina tea da súa roupa e tocando unha viola, personifica o triunfo sobre o mal sendo unha obra destacada do románico esculpida polo [[Mestre de Praterías]], a creación de [[Adán]] e Cristo abenzoando. Todas estas figuras proceden da fachada románica norte ou do Paraíso (actual [[fachada da Acibecharía]]) e foron colocadas nesta fachada no [[século XVIII]].
 
No tímpano da porta dereita aparecen varias escenas da [[paixón de Cristo]]. Nunha das xambas aparece a inscrición que conmemora a colocación da primeira pedra: ERA / IC / XVI / V IDUS / JULLII ([[11 de xullo|11 DE XULLO]] DE [[1078]]). Unha imaxe, non identificada, sobre un raposo que engole unha lebre e, fronte a esta, unha muller mal vestida cun animal no colo, proceden doutro lugar. Apoiadas no muro da [[torre da Berenguela]] aparecen outras imaxes que representan a creación de [[Eva]], Cristo nun trono e o sacrificio de [[Isaac]].
Liña 14:
Das once columnas inferiores desta fachada, tres son de [[mármore]] (a central e as extremas) e o resto de [[granito]]. Na central aparecen as figuras de doce [[profeta]]s e nas laterais os [[apóstolo]]s.
 
Para o [[friso]] tamén se aproveitaron algunhas das figuras da porta da Acibechería. Dous leóns, sobre os que repousa un [[crismón]] e unha figura descoñecida, apóianse sobre a columna central. Nun [[medallón]] aparece o [[Pai Eterno]] (ou a [[Transfiguración]]), coas mans abertas e rodeado por dous [[Anxo (cristianismo)|anxos]] que tocan [[corno (instrumento)|cornos]]. No centro do friso aparece Cristo abenzoando acompañado do [[apóstoloApóstolo Santiago]] e de seis figuras máis, as colocadas por Antonio López Ferreiro. Tamén aparecen Santosanto André, a [[Virxe María|Virxe]] e máis o Neno e catro apóstolos e un anxo. Á dereita de Santiago está Sansan [[Xoán o Evanxelista|Xoán]], unha escena da expulsión de Adán e Eva do [[Paraíso]] e outras figuras soltas, incluído un [[centauro]].
 
O friso sepárase do [[corpo (arquitectura)|corpo]] superior por un [[tornachoivas]] sostido por [[canzorro]]s grotescos. As dúas xanelas están adornadas por [[arquivolta]]s. Os arcos interiores están descentrados por causa das reformas realizadas no século XIII. Á esquerda hai unha grande cuncha que sostén a escaleira de acceso ao primitivo tesouro.
Liña 28:
Outros expertos dubidan desta interpretación e propoñen outros significados: un signo [[zodíaco|zodiacal]] (segundo Bertaux), a alegoría da [[luxuria]] (segundo Weisbach), a Madalena (Gaillard) ou a figura de [[Eva]] cuxo pecado xerou a morte (Azcárate). Esta última explicación apoiaríase na presenza no tímpano da porta dereita da figura da [[Virxe María|Virxe]], xeradora de vida.
 
Unha última interpretación, de Francisco Xabier Ocaña Eiroa <ref>''30 artigos sobre o Camiño de Santiago'' (1999). Nunha restauración que se fixo na Portada en 1993 comprobouse que a peza era de distinta cor ás do resto do tímpano.</ref>, nega calquera destes simbolismos e parte da base de que a figura foi colocada alí para restaura-los danos que sufrira a Portadaportada das Pratarías nunha revolta popular en 1117, o que explica o feito de te-lo seu lado esquerdo recortado para acomodala ó espazo e á curva da arcada. Para este autor, a figura representa a beleza e xuventude da muller, enfrontada á realidade da morte.
 
== Galería de imaxes ==