Artello (artrópodos): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
 
== Nos artrópodos ==
Os artrópodos caracterízanse pola súa [[simetría bilateral]], pola metamerización, é dicir, a división do seu [[corpo]] en segmentos ou [[metámero]]s, polos seus apéndices articulados, e polo seu [[exoesqueleto]]. Na maior parte deles os metámeros poden diferir polo seu desenvolvemento, a súa estrutura ou a súa función, e tamén poden ser distintos nas diversas rexións do corpo (cabeza, tórax e abdome, algunhas veces, como en [[crustáceos]] e [[arácnidos]], fusionadas as dúas primeiras formando un [[cefalotórax]]). En todos os metámeros que compoñen o seu corpo, excepto o [[ácron]] e o [[telson]] ou pixidio, posúen tipicamente un par de apéndices articulados co corpo e constituídos por unha sucesión de partes, os ''artellos'' ou ''artículos''{{Cómpre referencia}}, articulados entre si, que é precisamente a característica á que deben o seu nome. Estes apéndices, fundamentalmente semellantes entre si, foron destinados en principio para a locomoción, pero curso da evolución, por un lado, desapareceron algúns, e por outro, diversificáronse en relación coas distintas funcións que debían desenvolver. Os apéndices articíulanse no segmento comprendido entre o ''[[terguitoterxito]]'' e o ''[[esternito]]'', e ocupan unha posición lateral se estes están igualmente desenvolvidos, pero desprázanse ventralmente se o esternito se reduce.<ref name=D'Ancona>D'Ancona, H. (1972), pp. 621-624.</ref><ref name=Grassé>Grassé ''et al.'' (1976), pp.485-499.</ref>
 
Cada apéndice está constituído normalmente por un número determinado de ''segmentos'', os artellos ou artículos{{Cómpre referencia}}, articulados entre si e móbiles con relación ao segmento precedente mediante [[músculo]]s propios. Ademais, os artículos{{Cómpre referencia}} dos apéndices pódense agrupar en ''seccións'' fundamentais, que probabelmente representan a pegada dunha subdivisión primaria do apéndice primitivo dos artrópdos, á que se sobrepón, no curso da evolución, unha subdivisión secundaria correspondente aos segmentos actuais. Inicialmente, o apéndice debeu de estar constituído por unha peza basal, o ''coxito'', e por outra distal, o ''telopodio'' ou telopodito, que moi pronto se subdividiría en dúas seccións: ''femoral'' e ''tibial''. Finalmente, cada unha destas tres seccións alcanzaría a actual estrutura en segmentos ou artellos: