Peter Sagan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 95:
Coa moral alta e un físico ao mesmo nivel, o campión comezaba o Tour de Francia con un 3.º posto no primeiro sprint da ronda gala onde, tras arrancar con forza, é superado por [[Marcel Kittel|Kittel]] e [[Mark Cavendish|Cavendish]], resultando vencedor o británico. Na 2.ª etapa, grazas á axuda de [[Roman Kreuziger]], neutralizan a escapada do día a 500 m de meta, e o eslovaco bate con solidez a [[Julian Alaphilippe]] nun sprint reducido, obtendo así a súa 5.ª etapa no Tour de Francia, 3 anos despois da última. A maiores, enfúndase o maillot amarelo por primeira vez. Tras o día de descanso, na 10.ª etapa, Sagan métese na escapada, onde é vixiado constantemente, destrozándoa o mesmo e índose en solitario na última cota da xornada. Malia isto, [[Michael Matthews]] é máis rápido e relégao a un 2º posto. Nove etapas despois da súa 5.ª etapa no Tour, aproveitaba o vento e os abanicos no pelotón, saltando a 10 km de meta xunto con [[Geraint Thomas]], o seu compañeiro [[Maciej Bodnar]] e o maillot amarelo [[Christopher Froome|Chris Froome]]. Como era de esperar, logra a súa 6.ª etapa no Tour e unha importante diferencia no maillot por puntos. Cinco etapas máis tarde, na 16.ª, Sagan volvía a demostrar o seu poderío e a súa calidade, superando ao sprint a [[Alexander Kristoff]] por milímetros. Pese a non ser do seu perfil, Sagan participou nas fugas das dúas últimas etapas (19.ª y 20.ª) para axudar na montaña ao seu compañero [[Rafał Majka]] e ao seu líder [[Roman Kreuziger]], o que lle valeu para facerse co premio da combatividade do Tour. Na chegada a París sería segundo por detrás do alemán [[André Greipel]], ratificando así o seu 5º maillot verde consecutivo e quedándose a só un do alemán [[Erik Zabel]], dono de seis.
 
Unhas semanas despois de terminar o Tour de Francia e a só unha semana de comezar os [[Xogos Olímpicos de 2016|Xogos Olímpicos de Río]], o equipo [[Bora-Hansgrohe]] anunciaba a fichaxe de Sagan polos próximos tres anos,levando consigo os seus homes confianza, [[Maciej Bodnar]], [[Erik Baška]], o seu irmán maior [[Juraj Sagan|Juraj]], etc.<ref>{{Cita web|url=http://www.esciclismo.com/ampliada.asp?Id=38905|data-publicación=1/08/2016|páxina-web=www.esciclismo.com|título=El equipo Bora-Hansgrohe anuncia el fichaje de Peter Sagan|data-acceso=02/12/2016}}</ref>
 
Descartando participar na proba en ruta dos Xogos por non adaptarse esta demasiado ao seu estilo, Peter alístase á modalidade de mountain bike, volvendo así aos seus inicios no ciclismo. Tras un bo inicio que lle permitiría situarse entre os tres primeiros, dous pinchazos afastárono da vitoria final.<ref>{{Cita novas|apelidos=Faba|autor=Carlos|data=|xornal=ciclismoafondo.es|título=Peter Sagan: “Creo que podría haber terminado en el Top 10”|url=http://www.ciclismoafondo.es/competicion/noticias-competicion/articulo/Declaraciones-Peter-Sagan-MTB-JJOO-rio-2016|data-acceso=12/01/2016}}</ref>
 
== Palmarés ==