Mundial de Fútbol de 2014: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Fuleco.2013.jpg" que foi borrado en Commons por Jameslwoodward. Motivo: per c:Commons:Deletion requests/Mascotts in de.wp
Liña 306:
=== Mascota ===
{{Artigo principal|Fuleco}}
 
[[Ficheiro:Fuleco.2013.jpg|thumb|Fuleco.]]
"Fuleco" é a mascota oficial do torneo. É un tatú da especie ''Tolypeutes tricinctus'' (tatú-bóla brasileiro), cuxo nome une as palabras ''Fú''tbo''l'' (Ful) e ''Eco''loxía (Eco). A mascota foi elixida pola FIFA en marzo de 2012 tras vencer a outras candidatas como a [[arara]], un paxaro colorido; o Saci Pererê, unha coñecida personaxe do folclore brasileiro que representa a un mozo indíxina cunha soa perna; e o [[xaguar]], un [[Félidos|félido]] oriúndo de [[América]]. Fuleco foi presentado ao público como mascota oficialmente o [[16 de novembro]] de [[2012]].<ref name="mascota">{{Cita web|url=http://www.estadao.com.br/noticias/esportes,fifa-registra-tatu-bola-como-mascote-da-copa-de-2014-e-fara-anuncio-domingo,929042,0.htm|título=Fifa registra tatu-bola como mascote da Copa de 2014 e fará anúncio domingo|editor=Estadão|data=11 de setembro de 2012|dataacceso=12 de xuño de 2014}}</ref> A idea de propoñer como candidato este animal xurdiu da [[ONG]] [[Ceará|cearense]] Associação Caatinga.<ref name="Fuleco1">{{Cita web|url=http://globoesporte.globo.com/futebol/copa-do-mundo/noticia/2012/11/mascote-oficial-da-copa-do-mundo-de-2014-tatu-bola-ja-tem-nome-fuleco.html|título=Mascote oficial da Copa do Mundo de 2014, tatu-bola já tem nome: Fuleco|data=25 de novembro de 2012|editor=Globo Esporte|dataacceso=12 de xuño de 2014}}</ref> A campaña gañou repercusión nas [[Rede social|redes sociais]] e, o [[29 de febreiro]] de [[2012]], entregóuselle un dosier aos representantes do Ministerio de Deporte. O tatu-bola-da-caatinga é unha espécie [[Endemismo|endémica]] do Brasil e, de acordo coa [[Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais]] (IUCN), encóntrase [[especie ameazada|ameazada]] de [[extinción]], con [[estado de conservación]] vulnerábel.