Ría de Ferrol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
emprazar: comunicar, citar. Non é sinónimo de localizar
Liña 66:
Entre [[1949]] e [[1959]] construíronse os peiraos que conforman a Dársena de Curuxeiras (Espigón e Pasaxeiros da Ria). En [[1968]], no contexto da especialización de Astano na construción de ''super-petroleiros'', tivo lugar a inauguración da [[Ponte das Pías]], tamén denominada como ''A Ponte do Caudillo'', título honorífico do Ditador. A ponte recortaba en 8 quilómetros o acceso á cidade desde o sur, e aseguraba a súa conexión directa co estaleiro [[Astano]].
A partir de [[1984]] iníciase a ultimaúltima fase de expansión para obter maiores calados, máis lonxitude dos atraques e superficies de depósitos máis grandes. Constrúense o Novo Peirao, con 14 metros de calado, base para desenvolvementos posteriores.
 
Na derradeira década do século XX amplíase polo sur o "Peirao Fernández Ladreda" para calados de ata 12,5 metros, constrúese o peirao que pecha polo norte e créase o acceso ó peirao por autovía.