Peter Sagan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 89:
Co obxectivo de disipar dúbidas e reivindicarse, Sagan estaba decidido a gañar a 4ª clásica belga, Gante-Wevelgem. Ao igual que na E3 Harelbeke, atacou dende o pelotón, esta vez con [[Fabian Cancellara]] e [[Sep Vanmarcke]]. Xuntos acadaron ao ruso [[Viacheslav Kuznetsov]], quen atacara previamente. Neste hábil movemento que pretendía romper a carreira, lograron avantaxar ao pelotón, onde o Ettix-Quick Step tentaba reducir a distancia sen éxito, ata en 50 segundos. Finalmente, e como se pensaba, o eslovaco gañou o sprint con autoridade, vencendo así por segunda vez nesta carreira e rompendo a suposta maldición.
 
Sen a presión de estrenarse, Sagan afrontaba o [[Tour de Flandres]] con forza e ilusión, para anotarse así o seu primeiro "monumento" ciclista. A falta de 50 km a meta, [[Michał Kwiatkowski|Kwiatkowski]] tomou as rendas da carreira cun ataque, levando consigo a Sagan e a [[Sep Vanmarcke|Vanmarcke]]. Estes neutralizaron a escapada do día e chegaron ao mítico e durísimo "muro" de Paterberg, onde Cancellara lanzou unha ofensiva para coller o grupo cabeceiro. Nun movemento espello, Peter tamén decideu atacar para descolgar aos seus acompañantes e evitar que [[Fabian Cancellara|Cancellara]] contactase. Pasado o Paterberg, Vanmarcke e o suízo deixaron atrás a [[Michał Kwiatkowski|Kwiatkowski]]. Entre ambos non houbo entendemento, xa que Vanmarcke estaba cansado e "Espartaco" imprimeu un forte ritmo, pero insificiente para alcanzar a Sagan. O campeóncampión mundial cruzaba a liña de meta en solitario e gañaba a 100ª edición do [[Tour de Flandres 2016|Tour de Flandres]], con forza e clase, segunda vitoria da tempada. Sen descanso, Sagan prepárase para disputar a [[París-Roubaix 2016|París-Roubaix]] como máximo favorito tras o doblete de clásicas belgas (Gante-Wevelgem e Tour de Flandres). O clima durante a carrera presentou unha dificultade engadida, e un corte importante do pelotón a moitos quilómetros de meta supuxo, practicamente, a despedida de Sagan da vitoria. Este, dándose relevos con Cancellara nun grupo secundario, intentaría neutralizar o grupo cabeceiro onde iban outros favoritos como [[Tom Boonen]]. A pesar do gran esforzo dos dous, a distancia que recortaban era mínima e, debido ás malas condiciós do empedrado, Cancellara caeu, rompendo o grupo e deixando ao eslovaco en solitario, ca sorte de non ir ao chan tamén. Desta maneira remataba a primeira parte da tempada para el, non podendo despedirse co doblete do empedrado.
 
Practicamente un mes despois da [[París-Roubaix 2016|París-Roubaix]], Sagan dispúxose a gañar o Amgen Tour de California, onde era asiduo á vitoria. Tras demostrar unha notable superioridade, facíase con dúas etapas. Case un mes despois de levantar os brazos, volvía a impoñerse nun sprint na 2.ª etapa da [[Volta a Suíza 2016|Volta a Suíza]], confirmando así o seu excelente estado de forma, a só 2 semanas de comezar o [[Tour de Francia 2016|Tour de Francia]].