Peter Sagan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 41:
En 2012 volveu mostrar unha notable melloría. Na [[Tirreno-Adriático 2012|Tirreno-Adriático]] venceu a etapa de Chieti cun quilómetro final durísimo. Nas clásicas de primavera consolidouse como un dos grandes especialistas en carreiras clásicas do momento, sendo 2º en [[Gante-Wevelgem]], 3º en [[Amstel Gold Race 2012|Amstel Gold Race]], 4º en [[Milán-San Remo 2012|Milán-San Remo]] e 5º no [[Tour de Flandes 2012|Tour de Flandes]].
 
Nese mesmo ano no [[Tour de California 2012|Tour de California]] tivo unha grande actuación, vencendo en 5 das 8 etapas disputadas e quedando 2º no Big Bear Lake. No prólogo da [[Volta a Suíza]] derrotou a [[Fabian Cancellara]], invicto nese recorridopercorrido os 4 últimos anos, o que supuxo a primeira vitoria contra o cronómetro do corredor eslovaco, que finalmente levaría 3 etapas máis e a regularidade. Varios días despois revalidaría o título de [[Campionato de Eslovaquia de Ciclismo en Ruta|campión de ruta do seu país]].
 
No debut no [[Tour de Francia 2012|Tour de Francia]] tardou ben pouco en levar a súa primeira etapa: tras un prólogo peor do esperado, venceu na primeira etapa en liña, para ganar outras 2 etapas máis na primeira semana e lucir dende a etapa 2 ata a fin nos Campos Elíseos o maillot verde. Porén, dende o Tour de Francia non conseguiu ningunha outra vitoria, e no Mundial por segundo ano consecutivo volveu fracasar.