Trastorno de personalidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 32:
=== Grupo C (trastornos ansiosos, temorosos ou receosos) ===
Este grupo caracterízase por un patrón penetrante de temores anormais, incluíndo relacións sociais, separación e necesidade de control.
Os individuos que compoñen este grupo son vistos como medorentos, ansiosos, febles, dependentes, fóbicos e con tendencia a ser submisos, organizados, obedientes e, ao contrario do grupo B, evitan crebar regras ou rutinas. Neste grupo, frecuentemente, os trazos inflexíbeis do trastorno prexudican moito máis ao propio individuo que as persoas da súa contorna. Este grupo é propenso aos [[Trastorno de ansiedade|trastornos de ansiedade]].
* [[Trastorno de personalidade por evitación]] ou esquiva, personalidade fóbica. Os afectados por este trastorno son excesivamente tímidos, con grande ansiedade na vida social, carrexando frecuentemente un sentimento de inferioridade en relación as outras persoas. Poden ter unha autoestima baixa, considerándose inadecuados, véndose a si mesmos sen atractivos e capacidades, e temen ser ridiculizados ou criticados. Realmente desexan manter un contacto íntimo cas outras persoas, mais co medo de facer o ridículo, íllanse socialmente. Poden evitar festas, lugares cheos de persoas e outras ocasións sociais nos que poderían ser o centro de atención, sendo que moitas veces non teñen amigos. Ás veces, soportan un grande sufrimento pois teñen unha grande vontade de relacionarse co mundo, mais non o dan conseguido. (''Non'' confundir coa [[Depresión (psicoloxía)|depresión nerviosa]], [[fobia social]] ou [[trastorno de ansiedade xeneralizada]].)
* [[Trastorno de personalidade por dependencia]], personalidade dependente. Persoas moi dependentes emocionalmente e fisicamente, sempre dependendo de outras persoas para facer algunha cousa. Non conseguen vivir soas e están sempre á procura dunha relación íntima para manterse dependentes. Con frecuencia, son submisos ás persoas polas cales manteñen un lazo dependente, podendo demostrar moita empatía ou altruísmo por outras persoas e pouca preocupación consigo mesmas. Co medo da perda e abandono, estes individuos pensan moito máis nas outras persoas que en si mesmas, deixando de facer cousas que lle gustan para satisfacer aos outros. Por iso, a insatisfacción é constante e o sentimento crónico de tristeza é común nestas persoas. (''Non'' confundir coa [[distimia]]).