Diferenzas entre revisións de «Trastorno de personalidade»

sen resumo de edición
{{Aviso médico}}
{{Aviso médico}}Os '''trastornos de personalidade''' son un conxunto de perturbacións ou anormalidades que se dan nas dimensións [[emoción|emocionais]], afectivas, motivacionais e de relación social dos individuos que acaban sendo prexudicados por non dar levado a cabo unha vida regular, aínda que isto lle pode molestar máis á xente que o rodea que ao propio afectado. Algunhas veces aparecen tamén outros trastornos que se desenvolven con estes ou a causa deles, como pode ser a [[Depresión (psicoloxía)|depresión]] ou a [[ansiedade]].
 
Tamén é importante constatar que moitas das características desta sorte de trastornos son trazos normais de moitos individuos que non teñen problema ningún.
 
== Lista de trastornos de personalidade definidos no DSM ==
 
O [[DSM-IV|DSM-IV-TR]] (Manual diagnóstico e estatístico dos trastornos mentais da Asociación Psiquiátrica de Estados Unidos) menciona dez trastornos de personalidade, que se agrupan en tres grupos:
 
 
=== Grupo B (trastornos dramáticos, emocionais, erráticos, imprevisíbeis ou irregulares) ===
 
Estes trastornos caracterízanse por un patrón penetrante de violación das normas sociais, comportamento impulsivo e emotividade excesiva e grandiosidade. Os afectados son apelidados de "problemáticos", sendo manipuladores, rebeldes, malos, inconstantes, imprevisíbeis e inmaduros emocionalmente; afectando moito máis ás persoas da contorna que ao propio individuo. As persoas deste grupo son propensas á [[Depresión (psicoloxía)|depresión]].
 
 
=== Grupo C (trastornos ansiosos, temorosos ou receosos) ===
 
Este grupo caracterízase por un patrón penetrante de temores anormais, incluíndo relacións sociais, separación e necesidade de control.
Os individuos que compoñen este grupo son vistos como medorentos, ansiosos, febles, dependentes, fóbicos e con tendencia a ser submisos, organizados, obedientes e, ao contrario do grupo B, evitan crebar regras ou rutinas. Neste grupo, frecuentemente, os trazos inflexíbeis do trastorno prexudican moito máis ao propio individuo que as persoas da súa contorna. Este grupo é propenso aos [[trastornos de ansiedade]].
* [[Trastorno de personalidade por evitación]] ou esquiva, personalidade fóbica. Os afectados por este trastorno son excesivamente tímidos, con grande ansiedade na vida social, carrexando frecuentemente un sentimento de inferioridade en relación as outras persoas. Poden ter unha autoestima baixa, considerándose inadecuados, véndose a si mesmos sen atractivos e capacidades, e temen ser ridiculizados ou criticados. Realmente desexan manter un contacto íntimo cas outras persoas, mais co medo de facer o ridículo, íllanse socialmente. Poden evitar festas, lugares cheos de persoas e outras ocasións sociais nos que poderían ser o centro de atención, sendo que moitas veces non teñen amigos. Ás veces, soportan un grande sufrimento pois teñen unha grande vontade de relacionarse co mundo, mais non o dan conseguido. (''Non'' confundir coa [[Depresión (psicoloxía)|depresión nerviosa]], [[fobia social]] ou [[trastorno de ansiedade xeneralizada]].)
* [[Trastorno de personalidade por dependencia]], personalidade dependente. Persoas moi dependentes emocionalmente e fisicamente, sempre dependendo de outras persoas para facer algunha cousa. Non conseguen vivir soas e están sempre á procura dunha relación íntima para manterse dependentes. Con frecuencia, son submisos ás persoas polas cales manteñen un lazo dependente, podendo demostrar moita empatía ou altruísmo por outras persoas e pouca preocupación consigo mesmas. Co medo da perda e abandono, estes individuos pensan moito máis nas outras persoas que en si mesmas, deixando de facer cousas que lle gustan para satisfacer aos outros. Por iso, a insatisfacción é constante e o sentimento crónico de tristeza é común nestas persoas. (''Non'' confundir coa [[distimia]]).
* [[Trastorno obsesivo-compulsivo da personalidade]], trastorno anancástico da personalidade ou personalidade obsesiva-compulsiva. Os afectados son persoas excesivamente organizadas, temendo descoidos, desorganización, sucidade ou calquera outra forma de desorde. Primorizan o correcto e organizado, podendo gastar moito tempo traballando ou estudando, deixando de lado relacións, diversións e lecer. Aparte disto, tenden a facer as súas cousas sós porque temen que con outras persoas non o vaian facer correctamente. Nas súas relacións, poden ser un pouco distantes ou illados e aparentar friaxe emocional. (''Non'' confundir co [[trastorno obsesivo-compulsivo]] [TOC].)
 
== BibliografíaVéxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{cita libro
| autor = López-Ibor Aliño, Juan J. & Valdés Miyar, Manuel (dir.)
}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.abcdasaude.com.br/artigo.php?422 TranstornosTrastornos de Personalidadepersonalidade no ABC da Saúde] {{pt}}
* [http://virtualpsy.locaweb.com.br/index.php?sec=91&art=152 TranstornosTrastornos de Personalidadepersonalidade no PsiqWeb] {{pt}}
* [http://www.psicosocialart.es PsicosocialArt.- Portal sobre Saúdesaúde Mentalmental e factores psicosociais] {{es}}
 
[[Categoría:Trastornos de personalidade|Trastorno de la personalidad]]
29.647

edicións