Diferenzas entre revisións de «LSD»

m
*transtorno -> trastorno
(http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=voc%C3%A1bulo)
m (*transtorno -> trastorno)
 
== Dosificación ==
[[Ficheiro:LSD match.jpg|miniatura|Comparación do tamaño dunha dose de LSD co dun [[misto]]. Os popularmente chamados ''tripis'', consumidos con auga mineral, consisten en papel impregnado con LSD. As cores e a decoración son para que resulten máis atractivos, pero poden presentarse en monocor.]]
A LSD é unha das drogas de uso común máis potentes. Tanto os informes subxectivos como os métodos farmacolóxicos determinan que a LSD é ao redor de 100 veces máis potente que [[psilocibina]] e [[psilocina]] e ao redor de 4000 veces máis potente que a [[mescalina]]. As doses de LSD mídense en [[microgramo]]s (µg), ou millonésimas de gramo. Por comparación, as doses de case todo o resto de [[droga]]s, médicas ou de lecer, mídense en [[miligramo]]s, ou milésimas de gramo.
A dose coa que se producirá un notable efecto alucinóxeno en [[humano]]s é xeralmente de 25 micro[[gramo]]s. A finais dos noventa, a LSD obtida durante as operacións antidroga en [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] varía usualmente entre os 20 e 80 microgramos por doses. Durante os anos sesenta, as doses eran comunmente de 300 microgramos ou máis. Os efectos da droga son marcadamente máis evidentes en doses máis altas.
== Toxicocinética ==
A vía de administración máis habitual é a oral, aínda que tamén pode ser empregado por vía mucosa, inxectada, fumada ou esnifada. Con calquera delas, a súa absorción é rápida e completa. Os efectos comezan entre os 30 e os 90 minutos despois da inxesta, nos que se poden observar alteracións na percepción e no contorno dos obxectos. O apoxeo ten lugar entre as 2 ou 4 horas, período no cal aparece xa un cadro [[alucinatorio]], con alteracións na cor, na forma e nas dimensións dos obxectos. A duración normal é de 6-8 horas, podendo chegar ata 16-24 horas, dependendo da [[dose]]. En canto a tolerancia, é relativamente rápida e conduce ademais a unha tolerancia cruzada para outros alucinóxenos que tamén actúan nos receptores da serotonina, como psilocibina e mescalina. Aínda así, dita tolerancia remite cando se deixa de consumir, xa que non hai evidencias de dependencia física para esta droga <ref name="Guevara J. 1995, Pp. 627-631"/><ref name="Dart"/><ref>Gisbert- Calabuig JA. Medicinal legal y toxicología. 6ºEd, Masson S.A, Barcelona, 2004, Pp. 1027</ref><ref>Ford MD, Delaney KA, Ling LJ, Erickson T. Clinical toxicology. Saunders Co, Philadelphia, 2001, Pp. 640-641</ref>
 
==== Dose tóxica ====
A dose eficaz é de 15 microgramos. Se se consumen doses de 25-50 microgramos por vía oral produciranse efectos psicodélicos entre as 6 e as 12 horas, e, a doses maiores de 100 microgramos por vía oral, produciranse alteracións do comportamento. A dose necesaria para efectos tóxicos sistémicos graves é superior a un gramo. Os efectos [[alucinóxenos]] da LSD van ser incrementados polo consumo simultaneo con [[anfetaminas]] ou [[Cánnabis (droga)|cannabis]], entre outras. Cabe mencionar que a pesar dos efectos vistos ata agora producidos por altas doses de LSD, non se pode falar de dose letal xa que non hai mortes atribuídas directamente ó efecto farmacolóxico desta droga <ref name="Guevara J. 1995, Pp. 627-631"/><ref name="Dart"/>
 
== Sintomatoloxía aguda ==
[[Ficheiro:Mydriase prononcée 2006.jpg|miniatura|A dilatación das meniñas é unha das reaccións físicas da LSD.]]
A LSD produce alucinacións que, a priori, non deberían ser nin boas nin malas, xa que varían dependendo da cantidade que se consuma, o lugar, a pureza, a personalidade, o estado anímico e as expectativas do usuario. Os efectos alucinóxenos van dende a percepción visual alterada, [[hipersensibilidade]] a sons, [[sinestesia]], rápidos cambios de humor, depresión, desesperación, sensacións de [[loucura]], perda de control... Os ataques de pánico son frecuentes entre os consumidores de LSD, nos cales os individuos perciben que non son capaces de pensar racionalmente nin de retomar o control sobre sí mesmos. Nestas situacións as condutas de fuxida presentan o maior risco de accidente, tanto para o paciente coma para terceiros. En xeral, ás 4-6 horas o efecto puramente alucinatorio atenúase e as alteracións cognitivas intensifícanse <ref name = Dart >Dart RC. Medicinal toxicology. 3ºEd, Lippincott Williams&Wilkins, Philadelphia, 2004, Pp. 1103-1106</ref><ref name = "Ladrón de Guevara" >Ladrón de Guevara J, Moya Pueyo V. Toxicología médica, clínica y laboral. Interamericana McGraw-Hill, Nueva York 1995, Pp. 627-631</ref>
 
 
==== Trastornos físicos ====
 
* Dilatación de pupilas.
* Aumento da temperatura corporal.
* Tremores.
 
==== TranstornosTrastornos psíquicos ====
 
* Angustia.
* Crises de pánico.
29.647

edicións