Diferenzas entre revisións de «Teléfono móbil»

m
sen resumo de edición
(engado control de autoridades)
m
[[Ficheiro:CellPhone.png|miniatura|dereita|160px|MóbilTeléfono móbil.]]
 
Un '''teléfono móbil''', ou simplemente '''móbil''', é un dispositivo de [[Telecomunicacións|comunicación]] [[Electrónica|electrónico]] con iguais capacidades básicas dun [[teléfono]] de [[liña telefónica]] convencional. Ademais, é portátil e non require [[cable]]s condutores para a súa conexión á [[rede telefónica]].
 
[[Ficheiro:Mobile phone use world2.PNG|miniatura|dereita|420px|Porcentaxe de utilización de móbiles no planeta.]]
 
Actualmente non hai ningún estudo que presente probas concretas que indiquen que os móbiles posúen riscos para a [[saúde]]. Os aparellos móbiles, así como outros dispositivos electrónicos como [[receptor de radio|radio]], [[televisión]], algúns controis remotos, redes sen fío de computadores etc, utilizan [[onda electromagnética|ondas electromagnéticas]] de radio frecuencia (RF) para comunicación. Esas ondas electromagnéticas están consideradas como [[radiación]]s non ionizantes, ou sexa, consideradas seguras nas potencias utilizadas nos dispositivos celulares cuxo funcionamento atende ás recomendacións da ''International Commission on Non-Ionizing Radiation Protection'' (ICNIRP) provisionalmente adoptadas pola [[Organización Mundial deda Saúde]] (OMS)<ref name="Jusbr">Riscos da telefonia celular á saúde humana e ao medio ambiente (2009) http://www.jusbrasil.com.br/noticias/1608779/riscos-da-telefonia-celular-a-saude-humana-e-ao-meio-ambiente</ref>. Diversos estudos se realizaron para se determinar posíbeis riscos de longo prazo á saúde humana polo uso aparellos celulares: a Organización Mundial da Saúde divulgou resultados preliminares dun estudo que suxire que o uso de aparellos móbiles pode estar relacionado cunha predisposición maior a diversos tipos de [[cancro]]s<ref name="FolhaEfe">Estudo da OMS relaciona uso do celular com cáncer http://www1.folha.uol.com.br/folha/informatica/ult124u643206.shtml 26/10/2009</ref>; en contrapartida un estudo realizado con base nos datos collidos nos últimos 30 anos abranguendo practicamente todos os habitantes da [[Escandinavia]] descarta a ligazón de cánceres cerebrais co uso de móbiles<ref name="FolhaReuters">Estudo de 30 anos descarta ligazón de celular com tumor cerebral http://www1.folha.uol.com.br/folha/ciencia/ult306u661704.shtml 04/12/2009</ref>. A parte da diverxencia entre os estudos sobre os riscos á saúde do uso de celulares, moitos especialistas e entidades de saúde oficiais teñen recomendado a utilización limitada destes dispositivos, así como o sistema de mans libres. Existe, con todo, un grande consenso sobre os riscos de accidentes provocados polo uso de celulares: o uso deses dispositivos ao guiar un coche ou mesmo camiñando aumentan significativamente o risco de accidentes a través da distracción provocada ao se conversar a través do móbil<ref name="QuatroRodas">Reportaxes: Celular ao Volante http://quatrorodas.abril.com.br/reportagens/celular-ao-volante-417400.shtml Decembro de 2008</ref><ref name="FolhaFPress">Meniños que falan polo móbil corren mais risco de atropelamento, di estudo http://www1.folha.uol.com.br/folha/informatica/ult124u495232.shtml 28/01/2009</ref>.
 
== Notas ==
29.647

edicións