Virxinia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
noutros
Liña 58:
En [[1619]], a primeira institución británica de [[Poder Xudicial]] en América foi fundada en Virxinia. Era a Casa dos Burgueses, ou Asemblea Xeneral de Virxinia. Outro feito ocorrido nese mesmo ano foi a doazón de terras libres a tódolos colonos. Un ano antes, o líder dos ''Opchanacanough'' morrera e o seu sucesor liderou sucesivos ataques indíxenas a partir da década de [[1620]] que mataron centenas de habitantes. En [[1624]], Xacobe I fixo de Virxinia unha colonia real, submisa directamente ás ordes da coroa británica, o que revolveu os habitantes de Virxinia. Mesmo así, os colonos continuaron leais á coroa británica. En [[1652]], [[Oliver Cromwell]] tornouse ditador e ''de feito'' monarca do Reino Unido. Este permitiu aos habitantes de Virxinia maior liberdade política, mais Cromwell nunca foi popular na colonia. Os colonos de Virxinia apoiaban a [[Carlos II de Inglaterra]], que en [[1660]] se tornou o novo Rei do Reino Unido.
 
En [[1699]], a colonia de Virxinia expandírase bastante, grazas a facendeiros e exploradores. Virxinia ocupaba entón enteiramente os actuais estados de [[Kentucky]] e de [[Virxinia Occidental]], e áreas en outrosnoutros 8 actuais estados americanos, e tiña entón preto de 58.000 habitantes, sendo a máis poboada das Trece Colonias británicas. Este ano, a capital de Virxinia, que era anteriormente Jamestown, pasou a ser [[Williamsburg]].
 
En [[1774]], cando o [[porto (comunicacións)|porto]] de [[Boston]] foi pechado por orde dos británicos, despois dun incidente coñecido como a [[Festa do Chai]], a Casa dos Burgueses, nun acto de simpatía aos colonos de [[Massachusetts]], fixo do día da Festa do Chai un festivo estatal, o que revolveu os británicos, que ordenaron o peche da Casa dos Burgueses. Mesmo así, os membros dos Burgueses continuaron a atoparse en outrosnoutros lugares. Nun destes encontros, [[Patrick Henry]], nun famoso discurso, dixo: ''"Déame liberdade ou déame a morte!"''. Esta frase tornouse un dos gritos de guerra da [[Revolución Americana de 1776]], que tería inicio xa en [[1775]].
 
Os representantes das trece colonias escolleron en 1775 o facendeiro e político George Washington, elixido como comandante en xefe das forzas rebeldes americanas. Ao longo da guerra, a maior parte da poboación de Virxinia estaba a favor da independencia, e en contra dos británicos. A porcentaxe da poboación a favor da independencia na colonia era a máis alta entre as colonias sudistas. En [[1780]], a capital de Virxinia pasou a ser [[Richmond]]. Un ano antes, forzas de Virxinia capturaran unha inmensa área, o [[Territorio do Noroeste]], que constitúe actualmente os estados de [[Illinois]], [[Ohio]], [[Indiana]] e [[Wisconsin]]. En [[1781]], a última batalla da guerra aconteceu en Virxinia, en [[Yorktown]], onde tropas británicas comandadas por [[Lord Cornwallis]] se renderon ante as tropas americanas lideradas por Washington.