Bieito Cupeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 15:
* "A celebración do 25 de xullo para min significa a reafirmación categórica de que somos membros dun país diferenzado, un país cunha cantidade de virtudes (tamén con algún defecto naturalmente), pero cunha cantidade de virtudes esenciais. O feito de vivir lonxe da terra en contacto con outras colectividades, danos a nós, os galegos emigrados, a dimensión do noso valer. Nós, aquí na [[América]], na [[Arxentina]] e sobre todo nesta gran capital de Bois Aires loitamos, e triunfamos pero á beira doutras colectividades temos riscos moi destacados sobre todo no terreo societario. Somos a colectividade estranxeira que ten unha capacidade de asociación meirande de tódalas demais. Ningunha colectividade de aquí tivo nin ten aínda a capacidade asociativa que ten a colectividade galega."
* "Eu coido que ós veciños de Fene énchelles de satisfación comprobar que o labor que se fixo acá durante moitos anos por moitos patriotas que se esqueceron do seu propio interese persoal para dedica-los afáns a dinerar a [[Galicia]], a democratiza-la nosa terra e a conciencia-lo noso pobo deu os seus froitos. Éncheme, digo, de satisfacción ver que os veciños de [[Fene]] poden elixir libremente as autoridades que os han rexer. De maneira pois, que todo o esforzo realizado aquí, por tantos patriotas que ergueron a bandeira da democracia, da ceibe determinación do [[pobo galego]], da liberdade e da elevación da cultura.
* "Éncheme, de satisfacción, comprobar que os veciños de Fene gozan desa franquiciafranquía, desa liberade, o que demostra que a semente caeu en boa terra e que aqueles que traballamos moito por [[Galicia]] atopamos que a colleita vai sendo boa e que hoxe os veciños de [[Fene]], supoño e estou case seguro de que é así, viven moito mellor do que viviamos nós cando no ano 1936, e antes do 36, en tantas épocas da nosa patria tivemos que emigrar. Por iso penso e sei, case seguro, que [[Fene]] é un concello de moito progreso e o feito de que os veciños leven elixindo varios anos, varios períodos ás mesmas autoridades significa que están ben gobernados."
* "Por iso é polo que lles digo ós meus veciños de [[Fene]], ós meus paisano de [[Fene]], que se preocupen das cousas públicas, que se preocupen do progreso de [[Galicia]], que sigan pensando na democracia, na liberdade, que sexan galegos porque ser galego é unha honra que non tódolos homes merecen. Por iso, meu amigo, eu ós veciños de [[Fene]] mándolles unha forte aperta, unha lembranza agarimosa e non teño outra cousa máis que dicirlles que sigan así, que sigan traballando polo Concello e por esa fermosa [[Galicia]] na que nos tocou en sorte nacer."
* "Así pois, para min e para tódolos emigrados, o [[Día de Galiza]] é a reafirmación categórica, a reafirmación plena de que os galegos seguiremos sendo galegos onde queira que nos atopemos. Vivimos xunguidos á nosa terra por un xeito de cordón umbilical que é a saudade e aínda que esteamos, como estou eu, a doce mil quilómetros de distancia, tódolos días eu percorro o meu Concello e tódolos días penso na miña terra porque o meu corazón, a miña alma, o meu sentimento e o meu espírito están aí, segue estando aí e estarán sempre alí."