Londres: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
Liña 75:
Londres continuou medrando en riqueza e poboación durante a Idade Media. No ano [[1100]] a poboación da cidade roldaba os 18.000 habitantes, no ano [[1300]] a cidade xa chegara aos 100.000<ref name="londononline.co.uk"/>. Con todo, a [[peste negra]] devastou preto dun terzo da poboación de Londres a mediados do [[século XIV]]. Sen contar a [[revolta campesiña de 1381]], Londres permaneceu relativamente en paz durante as guerras civís acontecidas en Inglaterra ao longo da [[Idade Media]], coma a [[Guerra das dúas rosas]].
 
Tralo exitoso triunfo contra a [[Armada invencibleInvencible]] en [[1588]], a estabilidade política en Inglaterra, permitiu a Londres medrar aínda máis. En [[1603]], [[Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra|Xacobe VI de Escocia]] converteuse no rei de [[Inglaterra]], unindo esencialmente os dous países. A súa promulgación de leis anticatólicas fixérono impopular ata o punto de que o [[5 de novembro]] de [[1605]] produciuse un intento de asasinato na capital inglesa, a famosa [[Conspiración da pólvora]].
 
Durante o [[século XVII]] as pragas causaron moitos problemas en Londres, culminando coa [[Gran Praga de Londres|Gran praga]] acontecida entre [[1665]] e [[1666]] e que matou a máis de 75.000 persoas. Este foi o derradeiro brote que tivo lugar en [[Europa]], posiblemente grazas ao gran lume de [[1666]]. O gran lume de Londres orixinouse na cidade antiga, espallándose ao resto da cidade e queimando centos de vivendas feitas de madeira. As tarefas de reconstrución da cidade levaron máis de dez anos.