Artrópodos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Antero-posterior > anteroposterior.
Xoio (conversa | contribucións)
Liña 64:
* Presenza de [[apéndice (artrópodos)|apéndices articulados]] que mostran unha plasticidade evolutiva enorme e que deron lugar ás estruturas máis diversas ([[pata (artrópodos)|patas]], [[antena (artrópodos)|antenas]]), [[branquia]]s, [[pulmón en libro|pulmóns]], [[mandíbula (artrópodos)|mandíbulas]], [[quelícero]]s etc.
* Presenza dun esqueleto externo [[quitina|quitinoso]] que [[écdise|mudan]] periodicamente. Dado que diversos filos [[pseudocelomado]]s tamén mudan a cutícula, algúns autores relacionan os artrópodos cos [[nematodos]] e grupos afíns, nun [[clado]] chamado [[ecdisozoos]],<ref name=Zrz>Zrzavý, J.; Mihulka, S.; Kepka, P.; Bezdék, A. & Tietz, D. (1998): "Phylogeny of Metazoa based on morphological and 18S ribosomal DNA evidence". ''Cladistics'', '''14''' (3): 249-285.</ref> que é un dos maiores grupos do reino animal, xa que inclúe, ademias, a [[nematodos]], [[nematomorfos]], [[tardígrado]]s, [[onicofóros]], [[loricíferos]], [[priapúlido]]s e [[cefalorrincos]].
* Corpo constituído por segmentos repetitivos, fenómeno coñecido como [[metámero|metamería]], co que o corpo aparece construído por módulos repetidos ao longo do eixe anteroposterior. A segmentación vai acompañada de rexionalización ou [[tagma (zooloxía)|tagmatización]]tización, con división do corpo en dúas ou tres rexións na maioría dos casos. Por este carácter relacionáronse tradicionalmente cos [[anélidos]] que tamén son animais metamerizados;<ref name=Brusca/> <ref name=Nielsen1>Nielsen, C. (1985): "Animal phylogeny in the light of the trochaea theory". ''Biol. J. Linnean Soc''., '''25''': 243-299.</ref><ref name= Nielsen2>Nielsen, C., Scharff, N. & Eibye-Jacobsen, D. (1996): "Cladistic analyses of the animal kingdom". ''Biol. J. Linnean Soc''., '''57''': 385-410.</ref> pero os defensores do clado dos ecdisozoos argumentan que é un caso de [[converxencia evolutiva]].
 
=== Anatomía dos artrópodos ===
Liña 71:
Os artrópodos teñen o corpo segmentado ('''2'''), envolvido nun exosqueleto quitinoso, con varios apéndices articulados ('''1'''). Os apéndices están especializados para a [[alimentación]], para a [[percepción]] [[sentido (bioloxía)|sensorial]], para defensa e para a [[locomoción]]. Son estas "patas articuladas" as que dan o nome ao filo e os que o separan dos filos máis próximos, os [[onicofóros]] e os [[tardígrados]].
 
Os segmentos poden estaren agrupados en rexións do corpo, denominadas ''[[tagma (zooloxía)|tagmas]]s'', tipicamente:
* [[cabeza]],
* [[tórax]], e
* [[abdome]]