George S. Patton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 174:
En decembro de 1944, o exército alemán baixo o mando do mariscal de campo [[Gerd von Rundstedt]] lanzou unha última ofensiva a través de [[Bélxica]], [[Luxemburgo]] e o nordeste de [[Francia]]. O 16 de decembro, concentrou 29 divisións cun total de 250 000 homes nun punto débil das liñas aliadas, e durante as primeiras fases da consecuente [[Batalla das Ardenas (1944)|batalla das Ardenas]], conseguiu un avance significativo cara ó [[río Meuse]] durante o peor inverno que tivera [[Europa]] en anos. Eisenhower organizou unha reunión de tódolos comandantes en xefe aliados da fronte occidental nun cuartel xeral preto de [[Verdún]] a mañá do 19 de decembro, para planear unha estratexia e unha resposta a este asalto alemán.{{sfn|D'Este|1995|pp=675–678}}
 
Naquel momento o 3º Exército estaba ocupado en combate preto de [[Saarbrücken]]. Supoñendo a intención da reunión, Patton ordenou ó seu equipo que preparase tres ordes de continxencia por separado para retirar os elementos do 3º Exército da súa posición naquel momento e comezar operacións ofensivas cara a varios obxectivos na zona das Ardenas ocupada polas forzas alemás.{{sfn|McNeese|2003|p=77}} Eisenhower liderou a reunión, á que asistiron Patton, Bradley, o xeneral [[Jacob L. Devers|Jacob Devers]], o xeneral maior [[Kenneth Strong]], o comandante supremo adxunto e mariscal en xefe do aire [[Arthur Tedder]], e varios outros oficiais.{{sfn|Blumenson|1974|p=599}} Cando Eisenhower lle preguntou a Patton canto tardaría en retirar seis divisións do seu 3º Exército para comezar o contraataque ó norte e relevar áa 101ª División Aerotransportadas dos Estados Unidos, atrapada en [[Bastogne]], Patton respondeu;: "Tan cedo como remates aquí comigo".{{sfn|McNeese|2003|p=75}} Patton explicou que xa tiña preparada unha orde operativa para un contraataque por parte de tres divisións ó completo para o 21 de decembro, tan só 48 horas despois da reunión.{{sfn|McNeese|2003|p=75}} Eisenhower amosouse incrédulo ante isto, e dixo: "Non sexas fatuo, George. Se tentas ir tan cedo non terás as tres divisións preparadas e acabarás en anacos". Patton respondeulle que o seu equipo xa tiña as ordes de continxencia preparadas. Aínda non convencido, Eisenhower ordenoulle a Patton que atacase durante a mañá do 22 de decembro, empregando polo menos tres divisións.{{sfn|Axelrod|2006|pp=148–149}}
 
Patton saíu da sala da conferencia, chamou o seu oficial de mando e pronunciou dúas palabras: ''"Play ball"'' ("A xogar"). Esta frase en código iniciou unha orde operativa predefinida para os oficiais de Patton, mobilizando a tres divisións —a 4ª División Blindada, a 80ª División de Infantería e a 26ª División de Infantería— dende onde se atopaba o 3º Exército desprazándoas cara ó norte ata Bastogne.{{sfn|McNeese|2003|p=77}} En total Patton reposicionou seis divisións ó completo, o 3º Corpo e o 12º Corpo, dende as súas posicións da fronte do [[Río Saar]] ata unha liña que ía dende Bastogne ata [[Diekirch]] e [[Echternach]].{{sfn|McNeese|2003|p=78}} Nuns poucos días, máis de 133 000 vehículos do 3º Exército foron redirixidos cara á nova ofensiva cubrindo unha distancia media de máis de 18 km por vehículo, seguidos dos equipos de subministración cun total dunhas 62 000 toneladas.{{sfn|McNeese|2003|p=79}}
 
O 21 de decembro Patton reuniuse con Bradley para revisar o próximo avance, dicíndolle ó comezo da reunión: "Brad, desta vez os cabezas cadradas meteron a cabeza na trituradora, e eu teño a manivela agarrada".{{sfn|McNeese|2003|p=77}} Durante a reunión Patton indicou que o seu 3º Exército debería atacar cara a [[Koblenz]], cortando o terreo recuperado polos alemáns pola base e atrapando así o exército alemán involucrado na ofensiva. Tras unha breve consideración, Bradley vetou esta proposta, indicando que a preocupación principal era a liberación de Bastogne antes de que fose invadida.{{sfn|Axelrod|2006|pp=148–149}} O 26 de decembro, as primeiras unidades da 4ª División Blindada do 3º Exército chegaron a Bastogne, abrindo unha corredoira para a liberación e resubministración das forzas alí asediadas. A habilidade de Patton para retirar a seis divisións da liña da fronte de combate no medio do inverno para entón dirixilas cara ó norte e liberar Bastogne foi un dos seus logros máis remarcados da guerra.{{sfn|Axelrod|2006|pp=152–153}} Posteriormente escribiría que a liberación de Bastogne fora "Aa operación máis brillante que fixemos ata o de agora, e na miña opinión a fazaña máis destacada da guerra. Esta é a miña maior batalla".{{sfn|McNeese|2003|p=79}}
 
=== Avance cara a Alemaña ===