Diferenzas entre revisións de «Formentera»

As tropas de [[Xaime I de Aragón]], comandadas por Guillem de Montgrí, conquistaron as Pitiusas en [[1235]], as cales foron incorporadas ao [[Reino de Mallorca]]. Formentera estaba aínda habitada por sarracenos, segundo relata o ''Llibre dels feits''.
 
Tras a expulsión da poboación musulmá, o intento de establecer unha poboación permanente na illa fracasou; a dureza da illa e a inseguridade provocada polas incursións [[berberiscos|berberiscas]] puxeron fin, nos últimos anos do [[século XIV]], ao que se coñece como o primeiro repoboamento. Desta época é a Capela románica de "Sa Tanca Vella", en [[Sant Francesc de Formentera|Sant Francesc Xavier]], construída no ano 1336.
 
Durante o resto da [[Idade Media]] e o Renacemento, Formentera só se atopou poboada ocasionalmente por habitantes da illa de Eivisa.
47.572

edicións