George S. Patton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 167:
A ofensiva de Patton detívose o 31 de agosto de 1944, cando o 3º Exército quedou sen combustible preto do [[río Mosela]], na periferia de [[Metz]].<ref>{{cita libro|apelidos=Zaloga |nome=Steven |título=Armored Thunderbolt: The U.S. Army Sherman in World War II |editorial=Stackpole Books |ano=2008 |lugar=Mechanicsburg, Pensilvania |isbn=978-0-8117-0424-3|pp=184–193}}</ref> Patton esperaba que o comandante do teatro de guerra mantería o fluxo de combustible e das subministracións para apoiar os avances con éxito, pero Eisenhower favoreceu unha estratexia de "fronte ampla" para o esforzo de guerra en terra, crendo que un único empuxe provocaría unha perda da protección dos flancos, e perdería rapidamente o seu empuxe. Considerando as restricións do esforzo de guerra global, Eisenhower deulle a Montgomery e ó seu 21º Grupo do Exército unha maior prioridade na subministración de recursos para a [[Operación Market Garden]].<ref>{{cita libro|apelidos=Ambrose |nome=Stephen E. |título=Eisenhower: Soldier and President |editorial=Simon & Schuster |ano=2007 |lugar=Nova York |isbn=978-0-945707-39-4|pp=162–164}}</ref> Patton vía que as súas forzas estaban moi preto da [[Liña Sigfrido]] e díxolle a Bradley que cuns 400&nbsp;000 [[galón]]s (1&nbsp;500&nbsp;000 litros) de [[gasolina]] podería estar en Alemaña en dous días.{{sfn|Axelrod|2006|p=141}} A finais de setembro un gran contraataque de [[Panzer]]s alemáns foi enviado especificamente para deter o avance do 3º Exército de Patton, pero foi derrotado pola 4ª División Blindada dos Estados Unidos na [[batalla de Arracourt]]. Malia a vitoria conseguida nesta batalla, o 3º Exército mantívose onde estaba por mor da orde de Eisenhower, e os comandantes alemáns pola súa parte consideraron que a contraofensiva tivera éxito ó conseguir deter o avance de Patton.<ref>{{cita libro|apelidos= von Mellenthin |nome=Frederich W. |título=Panzer Battles: A Study of the Employment of Armor in the Second World War |ano=2006 |editorial=Konecky & Konecky |lugar=Old Saybrook, Connecticut |isbn=978-1-56852-578-5|pp=381–382}}</ref>
 
A inmobilización do 3º Exército durante o mes de setembro foi suficiente como para permitir que os alemáns conseguisen reforzar as [[fortificacións de Metz]]. En outubro e novembro o 3º Exército atopouse nunha situación de táboas cos alemáns durante a [[batalla de Metz]], cun gran número de baixas en ambos os bandos. Patton tentou [[Batalla de Fort Dirant|capturar Fort Dirant]] ó sur de Metz, pero foi derrotado. Malia as dificultades, cara a mediados de novembro, os estadounidenses conseguiron asegurar a cidade de Metz.{{sfn|Axelrod|2006|p=142}} As decisións tomadas por Patton á hora de tomar esta cidade foron criticadas. Varios comandantes alemáns entrevistados trala guerra indicaron que Patton podería ter evitado a cidade e terse desprazado cara ó norte ata [[Luxemburgo]], illando así óo 7º Exército Alemán.{{sfn|Hirshson|2003|p=546}} O comandante alemán de Metz, o xeneral [[Hermann Balck]], declarou tamén que un ataque máis directo tería resultado nunha vitoria aliada máis decisiva na cidade. O historiador [[Carlo D'Este]] escribiu tempo despois que a [[Campaña de Lorena]] foi unha das que menos éxito tivo para Patton, indicando que fora culpa súa non despregar as súas divisións de forma máis agresiva e decisiva.{{sfn|D'Este|1995|p=669}} Por mor da falta de subministración e pola prioridade que Montgomery estaba a recibir ata que os aliados puidesen contar co porto de [[Antwerp]], Patton sentiuse frustrado pola falta de progreso das súas forzas. Dende o 8 de novembro ata o 15 de decembro, o seu exército non foi capaz de avanzar máis duns 65&nbsp;km.{{sfn|Axelrod|2006|pp=143–144}}
 
=== Batalla das Ardenas ===