Batalla de Ancara: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Corrixo forma incorrecta de CD + a.
Liña 19:
 
== O contexto ==
Tamerlán era o máis poderoso gobernante de [[Asia Central]] desde a época de [[Genghis Khan]], e pasara as dúas décadas anteriores reconstruíndo o Imperio Mongol dos seus antepasados <ref>Beatrice Forbes Manz, "Temür and the Problem of a Conqueror's Legacy," ''Journal of the Royal Asiatic Society'', Third Series, Vol. 8, No. 1 (Apr., 1998), 25; "In his formal correspondance Temur continued throughout his life as the restorer of Chinggisid rights. He even justified his Iranian, Mamluk and Ottoman campaigns as a reimposition of legitimate Mongol control over lands taken by usurpers...".</ref><ref>Michal Biran, "The Chaghadaids and Islam: The Conversion of Tarmashirin Khan (1331-34)," ''Journal of American Oriental Society'', Vol. 122, No. 4 (Oct. - Dec., 2002), 751; "Temur, a non-Chinggisid, tried to build a double legitimacy based on his role as both guardian and restorer of the Mongol Empire."</ref>. Tamerlán conquistara [[Xeorxia]] e [[Acerbaixán]] estendendo o seu imperio ata as fronteiras do Imperio Otomán. Bayezid I pola súa parte pasara a maior parte do seu reinado en guerras conquistando territorios cara ao leste e oeste abranguendo case todo o territorio que unha vez pertencera ao Imperio Romano de Oriente<ref>Dimitris Kastritsis The Sons of Bayezid: Empire Building and Representation in the Ottoman Civil War Of 1402-1413. BRILL (2007), p. 1</ref> . Os dous poderes axiña entraron en conflito directo polo control do territorio e das rutas comerciais <ref>Michael Dumper e Bruce Stanley ''Cities of The Middle East and North Africa: A Historical Encyclopedia''. ABC-CLIO (2007), p. 37</ref>, facendo a confrontación inevitable xa a finais da década de 1390<ref>Bruce Alan Masters e Gábor Ágoston ''Enclyclopedia of the Ottoman Empire''. Infobase (2010), p. 82</ref>. Bayezid esixiulle tributo a un [[bey|bey de Anatolia]] que xurara lealdade a Tamerlán e tratou de invadir o seu territorio. Tamerlán interpretouno como un [[insulto]] persoal e en 1400 saqueou a cidade otomá de [[Sivas|Sebaste]], ao que seguiu a invasión de polo leste [[Anatolia]] para lle facer fronte, Bayezid convocou as súas forzas e enfrontouse a Tamerlán preto de Ancara. O conflito foi a culminación de anos de intercambio de misivas ofensivas <ref>Selçuk Akşin Somel ''Historical Dictionary of the Ottoman Empire''. Scarecrow (2003), p. 34</ref> entre Tamerlán e Bayezid.
 
== As forzas ==