Abrir o menú principal

Cambios

=== Incidentes das labazadas ===
{{AP|Incidentes das labazadas de George S. Patton}}
Dous incidentes de sona nos que Patton golpeou ósos seus subordinados durante a campaña de Sicilia provocaron unha controversia nos Estados Unidos trala fin da campaña. O 3 de agosto de 1943 Patton propinoulle unha labazada e abusou verbalmente do soldado Charles H. Kuhl nun hospital de evacuación en [[Nicosia, Sicilia|Nicosia]], estando o soldado diagnosticado de "[[Trastorno por estrés postraumático|fatiga de batalla]]".{{sfn|Blumenson|1974|p=331}} O 10 de agosto dese mesmo ano, Patton deulle un sopapo ó soldado Paul G. Bennett en circunstancias semellantes.{{sfn|Blumenson|1974|p=331}} Ordenándolles a ámbolos dous soldados que volvesen á fronte,{{sfn|Axelrod|2006|p=118}} Patton clamou contra a covardía e deulle ordes ós seus comandantes para que disciplinasen a calquera soldado que tivese algunha queixa semellante.{{sfn|Axelrod|2006|p=117}}
 
[[Ficheiro:Wounded-on wayto-hospital-RG-208-AA-158-A-015.jpg|miniatura|dereita|Patton conversando con varios soldados feridos esperando evacuación]]
O reconto do incidente chegoulle a Eisenhower, quen reprendeu a Patton en privado e insistiu en que debía desculparse.{{sfn|Blumenson|1974|p=329}} Patton desculpouse perante ámbolos dous soldados de forma individual, así como perante os doutores que presenciaron os incidentes,{{sfn|Blumenson|1974|p=336}} e posteriormente fíxoo ante tódolos soldados baixo o seu mando en forma de varios discursos.{{sfn|Blumenson|1974|p=338}} Eisenhower tentou limitar o alcance do incidente nos medios de comunicación,{{sfn|D'Este|1995|pp=535–536}} pero en novembro o xornalista [[Drew Pearson]] revelounos no seu programa de radio.{{sfn|Axelrod|2006|p=120}} A crítica foi dura contra Patton nos Estados Unidos, incluíndo a varios membros do Congreso e antigos xenerais, con Pershing entre eles.<ref name="Edey"/>{{Sfn|Blumenson|1974|p=379}} O público xeral mantivo unha visión enfrontada sobre os incidentes,{{Sfn|Blumenson|1974|p=377}} e eventualmente o Secretario de Guerra Henry L. Stimson afirmou que Patton debía manterse como comandante pola necesidade do seu "liderado agresivo e gañador nas amargas batallas que aínda están por chegar antes da vitoria final".{{sfn|D'Este|1995|p=543}}
 
Patton non volveu estar oó mando dunha forza de combate durante uns 11 meses.{{sfn|Axelrod|2006|p=122}} No mes de setembro, Bradley, con menos rango e experiencia que Patton, foi seleccionado para comandar o 1º Exército dos Estados Unidos que estaba a formarse en [[Inglaterra]] en preparación da [[Operación Overlord]].{{sfn|Blumenson|1974|p=345}} Esta decisión fora tomada antes de que os incidentes das labazadas se fixesen públicos, pero Patton culpou ós incidentes de que non lle asignasen o mando.{{sfn|Axelrod|2006|p=121}} Eisenhower consideraba a invasión de Europa demasiado importante para arriscar calquera incerteza, e considerou os incidentes como un exemplo da incapacidade de Patton de exercer disciplina e autocontrol. Malia que Eisenhower e Marshall consideraban a Patton como un comandante habilidoso no combate, crían que Bradley era menos impulsivo ou propenso a cometer erros.{{sfn|Blumenson|1974|p=348}} O 26 de xaneiro de 1944 Patton foi asignado formalmente ó mando do 3º Exército dos Estados Unidos en Inglaterra, unha unidade acabada de chegar, e recibiu a orde de preparar ósos seus soldados sen experiencia para o combate en Europa.{{sfn|Blumenson|1974|p=407}}{{sfn|Axelrod|2006|p=124}} Patton mantívose ocupado neste deber durante os comezos de 1944 en preparación para a subsecuente invasión.{{sfn|Blumenson|1974|p=423}}
 
=== Exército pantasma ===
28.353

edicións