Abrir o menú principal

Cambios

{{VT|Operación Torch|Campaña de Tunisia}}
[[Ficheiro:George S. Patton 05.jpg|miniatura|dereita|Patton xunto a un carro de combate [[M2]] en [[Tunisia]]]]
Baixo as ordes do xeneral [[Dwight D. Eisenhower]], Patton foi asignado para axudar a planear a invasión [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|aliada]] do norte de África como parte da [[Operación Torch]] no verán de 1942.{{sfn|Brighton|2009|pp=117–119}}{{sfn|Axelrod|2006|pp=88–90}} Comandou a Forza Blindada Occidental, que constaba de 33&nbsp;000 homes en 100 barcos, nos desembarcos centrados en [[Casablanca]], [[Marrocos]], o 8 de novembro de 1942. Alí atoparon a oposición das forzas da [[Francia de Vichy]], mais os homes de Patton conseguiron unha [[cabeza de praia]] con rapidez e presionaron ásas forzas inimigas. Casablanca caeu o 11 de novembro, e Patton negociou un [[armisticio]] co xeneral francés [[Charles Noguès]].{{sfn|Axelrod|2006|pp=91–93}}{{sfn|Brighton|2009|pp=165–166}} O [[Mohammed V de Marrocos|Sultán de Marrocos]] quedou impresionado e outorgoulle a Patton a distinción da [[Orde de Ouissam Alaouite]], coa cita "''Les Lions dans leurs tanières tremblent en le voyant approcher''" (Os leóns nas súas goridas tremen cando se aproxima).<ref name="Edey">{{cita libro|apelidos=Edey |nome=Maitland A. |título=Time Capsule 1943 |editorial=Littlehampton Book Services |ano=1968 |isbn=978-0705402705|pp=60, 160-166}}</ref> Patton supervisou a conversión de Casablanca nun porto militar e foi o anfitrión da [[Conferencia de Casablanca]] en xaneiro de 1943.{{sfn|Axelrod|2006|pp=94}}
 
O 6 de marzo de 1943, trala derrota do 2º Corpo dos Estados Unidos sufrida na [[batalla do Paso de Kasserine]] perante os [[Afrika Korps]] alemáns comandados por [[Erwin Rommel]], Patton substituíu o xeneral [[Lloyd Fredendall]] como comandante xeneral do 2º Corpo e foi ascendido a tenente xeneral. Posteriormente reasignou a [[Omar Bradley]] ó seu Corpo como comandante adxunto.<ref>{{cita libro|apelidos=Blumenson |nome=Martin |título=Patton: The Man Behind the Legend |isbn=978-0-688-13795-3 |editorial=William Morrow and Company |lugar=Nova York |ano=1985|p=182}}</ref> Con ordes de levar áa formación de novo cara á fronte nun tempo de 10 días, Patton introduciu varios cambios drásticos no Corpo, ordenándolles osós seus soldados que levasen uniformes limpos e completos, establecendo horarios rigorosos e requirindo a estrita adherencia ó protocolo militar. Paseaba continuamente polo posto de mando falando e presionando ósos seus homes, procurando "moldealos" en soldados eficientes.{{sfn|Axelrod|2006|pp=96–97}}
 
O adestramento de Patton probou ser efectivo, e o 17 de marzo a 1ª División de Infantería tomou [[Gafsa]], gañando a [[batalla de El Guettar]] e rexeitando ásas forzas blindadas alemás e [[Reino de Italia (1861-1946)|italianas]] en dúas ocasións. O 5 de abril destituíu óo xeneral [[Orlando Ward]] do mando da 1ª División Blindada pola súa pobre actuación en [[Maknassy]] contra unha forza alemá inferior en número. Avanzando cara a [[Gabès]], o exército de Patton impuxo a súa presión na [[Liña Mareth]].{{sfn|Axelrod|2006|pp=96–97}} Durante este tempo reportoulle ó comandante británico [[Harold Alexander]], e tivo un conflito co vicemariscal da forza aérea británica [[Arthur Coningham]] pola falta de apoio aéreo ás súas tropas. Coningham enviou a tres oficiais ó cuartel xeral de Patton para convencelo de que os británicos estaban a darlles un amplo apoio aéreo. Durante a súa reunión con Patton as forzas aéreas alemás atacaron o cuartel, e parte do teito da oficina de Patton caeu preto deles. En declaracións posteriores, Patton dixo dos pilotos alemáns que levaron a cabo ese ataque: "Se puidese atopar ósos fillos de puta que voaron eses avións, enviaríalles unha medalla por correo a cada un deles".{{sfn|Axelrod|2006|pp=98–99}} Cando as forzas aliadas chegaron a Gabès, os alemáns xa abandonaran o lugar. Cedeu entón o mando do 2º Corpo a Bradley e volveu ó mando do 1º Corpo Blindado en Casablanca para axudar nos plans da [[Invasión Aliada de Sicilia|Operación Husky]] para invadir [[Sicilia]]. Por medo a que as forzas estadounidenses fosen afastadas do combate no norte de África, convenceu ós comandantes británicos que lle permitisen seguir loitando ata o final da [[Campaña de Tunisia]] antes de partir cara a esta nova misión.{{sfn|Axelrod|2006|pp=98–99}}{{sfn|Brighton|2009|p=188}}
 
=== Campaña de Sicilia ===
27.426

edicións