Canis simensis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Miguelferig (conversa | contribucións)
m ligazón
Liña 31:
O '''lobo etíope''' ou '''abisinio''', '''chacal do Semién''' ou '''caberú''' ('''''Canis simensis''''') é unha das [[especie]]s de [[cánidos]] máis raras e ameazadas do planeta, pois a súa poboación total non chega a 550 individuos que se atopan en varias áreas illadas das montañas de [[Etiopía]], por riba dos 3.000 [[Altitude|msnm]] de altitude. Estas áreas reúnense en dous grupos maiores separados polo [[Gran Val do Rift]], constituíndo dúas subespecies separadas: C.s. ''simensis'' ao noroeste e C.s. ''citernii'' ao sueste.
 
Polo seu aspecto lembra máis a un [[can]] doméstico primitivo como o dingo que ao típico [[lobo]] de [[Eurasia.]] Mide entre 90 e 100 [[centímetro]]s de longo e entre 25 e 34 de altura sobre os ombreiros. O peso é de 11,5 kg nas femias e de 14 a 18,5 [[Quilogramo|kg]] nos machos. O corpo é grácil, dotado de morro, orellas e patas longas. O [[pelame]] é avermellado-alaranxado en case todo o corpo, tornándose branco no interior das orellas, arredor dos ollos, boca, garganta, ventre, pés, cara interna das patas e da cola. Esta última é pouco longa e poboada, de cor negra desde a metade á punta e branca e vermella no resto.
 
O hábitat característico desta especie é o prado de tipo afro-alpino. Aliméntase case exclusivamente de [[roedores]], destacando entre estes as ratas-toupa xigantes (''Tachyoryctes macrocephalus''), que constitúen preto do 40% dos alimentos que inxiren. Complementan a súa dieta con lebres e preas, aínda que en moi raras ocasións algúns individuos cooperan para dar morte a [[antílope]]s e pequenas [[cabra]]s e [[ovella]]s domésticas. Salvando estas circunstancias excepcionais, os lobos etíopes pasan o día axexando roedores ou destruíndo os seus tobos para capturalos, sempre en solitario. Nas zonas onde sofren a persecución humana, estes animais abandonan os seus hábitos diúrnos e vólvense crepusculares ou nocturnos.