Mercenario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 1:
Coñécese como '''mercenario''' (do [[latín]] ''merces, - eris'', «pago»), a aquel [[soldado]] que loita ou participa nun [[conflito bélico]] polo seu beneficio persoal, xeralmente con pouca consideración na ideoloxía, [[nacionalidade]] ou preferencias políticas co bando para o que loita. Polo regular menciónanse coma asasinos a soldo, sicarios etc.
 
Porén, cando este termo (mercenario) se usa para se referir a un soldado dun exército regular considérase normalmente un [[insulto]] á súa honra. O soldado regular despreza sempre o mercenario por ser un asasino sen causa. Aínda que estea no seu propio bando: epíteto ou cualificativo pexorativo.
 
O [[soldado regular]] que representa a súa [[nación]], está disposto a loitar por unha causa que é a da súa comunidade ou a do seu país, pola contra, o mercenario faino soamente por [[lucro]].