Abrir o menú principal

Cambios

 
== Segunda Guerra Mundial ==
Trala [[invasión de Polonia]] por parte da [[Wehrmacht]] e o comezo da [[Segunda Guerra Mundial]] en [[Europa]] en setembro de 1939, o [[Exército dos Estados Unidos]] comezou un período de [[mobilización]] e Patton promoveu o incremento de poder das forzas blindadas estadounidenses. Durante unhas manobras levadas a cabo polo 3º Exército en 1940 Patton actuou de árbitro. Alí coñeceu a [[Adna R. Chaffee Jr.]], con quen formulou varias recomendacións para desenvolver unha forza blindada. Chaffee foi nomeado comandante desta forza,{{sfn|Axelrod|2006|pp=75–76}} e creou a 1ª División Blindada e a 2ª División Blindada, así como a primeira doutrina de armamento combinado. Chaffee nomeou a Patton comandante da 2ª Brigada Blindada, parte da 2ª División Blindada, ademais de encargarlle o adestramento da división.{{sfn|Brighton|2009|pp=82–83}} Patton foi ascendido a xeneral de brigada o 2 de outubro, e o 4 de abril de 1941 volveu ser ascendido desta vez a xeneral maior e comandante xeneral da 2ª División Blindada.{{sfn|Axelrod|2006|pp=75–76}} Cando Chaffee resignou como comandante do Corpo Blindado, Patton converteuse na figura máis importante da doutrina blindada dos Estados Unidos. En decembro de 1940 planeou un exercicio de alto nivel no que uns 1000 tanques e vehículos partiron de [[Columbus, Xeorxia]] cara a [[Panama City, Florida]] e de volta.{{sfn|Axelrod|2006|pp=77–79}} Repetiu este exercicio coa división o completocompleta de 1300 tanques ó mes seguinte.{{sfn|Brighton|2009|p=85}} Patton adquirira a licenza de piloto e durante estas manobras observou os movementos dos vehículos dende o aire procurando formas de despregalos en combate de forma efectiva.{{sfn|Axelrod|2006|pp=77–79}} O seu traballo durante este tempo levouno a aparecer na portada da revista ''[[Life (revista)|Life]]''.{{sfn|Brighton|2009|p=106}}
Patton liderou a división durante as [[Manobras de Tennessee]] en xuño de 1941, e recibiu eloxios polo seu liderado, acadando obxectivos planeados en 48 horas en tan só nove. Durante as [[Manobras de Lousiana]] de setembro dese ano, nas que as forzas foron divididas no "exército vermello" e no "exército azul", a súa división formou parte do exército vermello perdedor na primeira fase. Na segunda fase pasou ó exército azul, e a súa división levou a cabo unha avanzada duns 640&nbsp;km para rodear óo exército vermello e "capturar" [[Shreveport, Louisiana]]. Nas [[Manobras de Carolina]] en outubro e novembro, a súa división conseguiu capturar a [[Hugh Drum]], o comandante do exército rival.{{sfn|Axelrod|2006|pp=80–82}} O 15 de xaneiro de 1942 recibiu o mando do 1º Corpo Blindado, e ó mes seguinte estableceu o Centro de Adestramento do Deserto{{sfn|Axelrod|2006|p=83}} en [[Imperial Valley, California|Imperial Valley]] para desenvolver alí os exercicios de adestramento. Patton escolleu un terreo duns 40&nbsp;km<sup>2</sup> no deserto a uns 80&nbsp;km ó sueste de [[Palm Springs, California|Palm Springs]] para estes exercicios, que comezaron a finais de 1941 e continuaron ata o verán de 1942.{{sfn|Axelrod|2006|pp=84–85}}
 
=== Campaña do Norte de África ===
27.763

edicións