George S. Patton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 107:
Patton deixou Francia e marchou cara a [[Nova York]] o 2 de marzo de 1919. Após da guerra foi destacado en [[Camp Meade, Maryland]], e volveu ó seu rango permanente de capitán o 30 de xuño de 1920, aínda que foi ascendido a comandante de novo ó día seguinte. Ese mesmo ano recibiu unha asignación temporal en Washington D.C. para servir nun comité escribindo un manual sobre operacións con tanques. Durante este tempo desenvolveu a convicción de que os tanques deberían empregarse non só como apoio para a infantería, senón como unha forza de combate independente. Patton apoiou o deseño do tanque M1919 creado por [[J. Walter Christie]], proxecto que foi desbotado por cuestións financeiras.{{sfn|Axelrod|2006|pp=63–64}} En 1919 Patton coñeceu a [[Dwight D. Eisenhower]] mentres estaba asignado en Washington, D.C.{{sfn|Brighton|2009|p=46}} Durante e despois da asignación de Patton en [[Hawai]], intercambiou correspondencia con Eisenhower de forma frecuente, e envioulle notas e consellos para axudarlle na súa graduación do Colexio de Xenerais.{{sfn|Axelrod|2006|pp=65–66}} Xunto a Christie, Eisenhower e outros oficiais, Patton presionou para que se avanzase no desenvolvemento da guerra blindada. O Secretario de Guerra [[Dwight F. Davis|Dwight Davis]] compartía a súa opinión, pero o limitado presuposto e a prevalencia das ramas xa establecidas de infantería e cabalería provocaron que os Estados Unidos case non desenvolvesen os seus corpos blindados ata o ano 1940.<ref>{{cita libro|apelidos=Steele |nome=Brett D. |título=Military Reengineering Between the World Wars |ano=2005 |lugar=Chicago |editorial=Rand Publishing |isbn=978-0-8330-3721-3|p=18}}</ref>
 
O 30 de setembro de 1920 renunciou ó mando da 304ª Brigada de Tanques e foi reasignado en Myer como comandante do 3º Escuadrón do 3º de Cabalería.{{sfn|Axelrod|2006|pp=65–66}} Pasou gran parte do tempo de paz escribindo informes técnicos e dando discursos no General Staff College sobre a súa experiencia en combate.{{sfn|Axelrod|2006|pp=63–64}} En xullo de 1921 converteuse en membro dado Corpo de Tanques Nº19 da [[Lexión Americana]].<ref>{{cita novas|lccn=sn83045462|url=http://chroniclingamerica.loc.gov/lccn/sn83045462/1921-07-17/ed-1/seq-20/ |xornal=Evening star|data=17 de xullo de 1921|páxina=20|issn=2331-9968|título=Veterans of Great War|lugar=Washington D. C.}}</ref> Dende 1922 ata mediados de 1923 asistiu ó Curso de Oficiais de Campo da [[Escola de Cabalería do Exército dos Estados Unidos|Escola de Cabalería]] en Fort Riley, e posteriormente pasou á Facultade de Comandancia dende mediados de 1923 ata mediados de 1924,{{sfn|Axelrod|2006|pp=65–66}} graduándose no posto 25 dun total de 248.{{sfn|Brighton|2009|p=57}} En agosto de 1923 Patton salvou varios nenos de afogarse despois de caeren dun iate durante unha viaxe en barco dende [[Salem, Massachusetts]]. Recibiu a Medalla de Salvavidas de Prata por esta acción.{{sfn|D'Este|1995|p=335}} Foi temporalmente destinado en [[Boston]] antes de ser reasignado á [[División de Hawai]] en [[Honolulu]] en marzo de 1925.{{sfn|Axelrod|2006|pp=65–66}}
 
Patton permaneceu na División de Hawai varios meses antes de ser transferido en maio de 1927 á Oficina da Xefatura de Cabalería en Washington, D.C., onde comezou a desenvolver os conceptos da [[guerra mecanizada]]. Ó pouco tempo a súa proposición de combinar a infantería, cabalería e artillería nunha forza de [[armamento combinado]] foi cancelada trala retirada dos fondos destinados á mesma por parte do [[Congreso dos Estados Unidos|Congreso]]. Patton deixou esta oficina en 1931, volvendo a Massachusetts onde asistiu á [[Facultade de Guerra do Exército dos Estados Unidos]], converténdose nun "Graduado Distinguido" en xuño de 1932.{{sfn|Axelrod|2006|pp=67–68}}