Mahoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Profetas mediante HotCat
Sen resumo de edición
Liña 72:
A tribo [[Quraish]], en resposta á fuga de Mahoma para Medina, formou unha alianza con outras tribos politeístas en Meca, para molestar os musulmáns en Medina e en Meca. Eles tamén ameazaron de morte os musulmáns que quixesen regresar a Meca. En Medina, cos musulmáns baixo alerta, algúns emigrantes musulmáns de Meca iniciaron ataques militares contra caravanas de Meca a camiño da Siria, afectando a economía de Meca.
 
Por volta desta altura, Mahoma mudou a dirección da [[qiblaquibla]] de [[Xerusalén]] para Meca. En marzo de [[624]] Mahoma liderou unha tropa de asalto de preto de 300 homes a unha caravana vinda de Meca, liderada por Abu Sufyan, o líder do clan Umayyah. A caravana conseguiu escapar mais Abu Xahl, o líder do clan Makhzun, que tiña previamente oposto Mahoma e organizado un boicot contra o clan Hashim de Mahoma, detiña o comando dunha forza de preto de 800 homes e quería ensinar a Mahoma unha lección.
 
A [[15 de marzo]] de [[624]], próximo dun lugar chamado Badr, as dúas forzas coliden. A pesar de seren apenas 300 contra 800 na batalla, os musulmáns tiveron éxito, matando polo menos 45 naturais de Meca, incluíndo Abu Xahl, e tomando 70 prisioneiros; con apenas 14 baixas musulmás. Para os musulmáns, isto pareceu como unha proba da profecía de Mahoma, e Mahoma e os musulmáns festexaron. Seguindo esta vitoria, os musulmáns expeliron un clan xudeu hostil, os banu Cainuqa, que violaran un pacto de non agresión e tiveron escaramuzas menores antes da seguinte grande batalla en Uhud. Virtualmente todos os habitantes de Medina converteranse e Mahoma tornouse o gobernador de feito da cidade.