Donicela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
m ligazón
Liña 27:
| range_map_caption = Distribución de ''Mustela nivalis''
}}
A '''donicela'''<ref>{{DRAG|donicela}}</ref> (''Mustela nivalis''), tamén coñecida como '''doniña'''<ref>{{DRAG|doniña}}</ref>, '''denociña'''<ref>{{DRAG|denociña}}</ref>, '''garridiña''' <ref>{{DRAG|garridiña}}</ref> ou '''saltaparedes'''<ref>{{DRAG|saltaparedes}}</ref>, é un animal [[mamífero]], membro da familia [[Mustelidae]] moi semellante ao [[armiño]] (''Mustela erminea'') o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no [[pelame]]: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o [[mustélido]] máis pequeno. Prefire as paisaxes abertas, os campos, praderías, lindes dos [[bosque]]s e terreos baldíos invadidos pola maleza. É un animal bastante común, que se alimenta sobre todo de pequenos [[roedor]]es, aos que persegue ata nos seus [[tobo]]s, debido á súa delgadez.
 
As donicelas poden presentar sorprendentes variacións de tamaño. Estas débense, por unha banda, ao [[dimorfismo sexual]], xa que as femias son bastante máis pequenas que os machos e, por outra, á existencia nas poboacións de individuos de tamaño moi reducido, considerados ata hai pouco como pertencentes a unha especie autónoma.