Alexandre VI, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 113:
Agora que estaban no centro dos intereses na península, Alexandre VI tivo que actuar rápido. Debía asegurar a súa estabilidade política, e iniciou tales labores inmediatamente, empezando pola cidade de Roma. O novo papa, consciente da grave criminalidade na que Roma se estaba sumindo, procedeu a actuar: en cuestión de meses, ordenou investigacións, mandando castigar severamente aos delincuentes, para que servise o seu castigo como exemplo, sendo cada criminal enxuizado publicamente e as súas propiedades destruídas.
 
Co fin de reorganizar administrativamente a cidade de Roma, divide á mesma en catro distritos, cada un rexido por un plenipotenciario encargado da orde pública. Ademais, reservou os martes para dar audiencia a calquera súbdito que quixese expresarlle as súas queixas. A vigorosa administración de xustiza, a reorganización administrativa e a mellora das condicións de vida dos romanos, así como as continuas festividades que o novo papa se encargou de materializar, fixeron que o seu pontificado fose ben recibido nos seus inicios pola urbe.<ref>{{Cita web|url=http://web.archive.org/web/http://ec.aciprensa.com/a/alejandro6papa.htm |título=Papa Alejandro VI|dataacceso=26 de outubro de 2012 |apelidos=Laughlin |nome=James F|obra=La enclopedia Católica}}</ref> Alexandre VI, tamén tomou cartas no asunto da expulsión dos xudeus de España, por medio do [[Decreto de Alhambra|Edicto de Granada]], emitido o 31 de marzo de 1492, co cal entre 50&nbsp;000 a 200&nbsp;000 xudeus foron expulsados de todos os territorios dominados polo [[Imperio Español]]. Isto ocasionou que moitos dos bens que os xudeus deixaron atrás na súa saída, fosen transferidos a dous receptores; uns a coroa española e outros, o [[Vaticano]], que ademais, con Alexandre VI, como impulsor, permitiu o asentamento de múltiples familias xudías en Roma, a cambio de que estas pagasen anualmente un imposto especial pola súa permanencia. Deste xeito, o Vaticano pasou a percibir unha gran cantidade de ganancias adicionais.
 
O papa Alexandre VI, tamén atendeu o asunto do novo príncipe Diem, irmán do sultán de Constantinopla, a quen recibiu baixo a súa custodia a cambio do pago dunha cifra de 40&nbsp;000 [[Ducado (moeda)|ducados]] anuais. Tal cuestión debíase a que Diem ao establecerse en Roma, afastábase dos perigos da súa terra natal, renunciando aos seus dereitos sucesorios en favor do seu irmán, quen gustoso accedeu ao trato. No entanto, Diem falecería en estrañas circunstancias pouco tempo despois e debido a que o seu irmán, desexaba asegurar o trono de [[Constantinopla]], pagou ao papado a cifra de 400&nbsp;000 ducados, pola súa morte, ademais de correr cos gastos funerarios. Era isto o que fixo que se levantasen sospeitas, achega da posibilidade de que os Borgia fosen responsables de tal acción, pois beneficiaría economicamente as finanzas do papado.