S'Espalmador: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 34:
 
[[Ficheiro:Platja de s'Alga.jpg|250px|thumb|left|Praia de S'Alga, vista de norte a sur.]]
A illa ten forma alongada de norte a sur. A punta des Pas, ou de ses Savines, é o seu extremo meridional e máis oriental separado da punta des Borronar da península des Trucadors por un brazo de auga de 50 metros de ancho e 2 metros de profundidade. Segundo as condicións das correntes de auga, es Pas pódese cruzar camiñando. En determinadas épocas chegou a estar unido fisicamente a [[Formentera]] por unaunha lingua de area de pouca ou nula profundidade. Cando a marea está baixa pódese ir andando a través do chamado paso des Trocadors, aínda que as correntes da zona (en ocasións bastante importantes) fan totalmente desaconsellable esta práctica.
 
A súa costa é acantilada, exceptuando unha cala ao sur e outra, máis pequena, ao noroeste, que, por estar protexida por un pequeno illote, a Illa de Sa Torreta, constitúe un lugar ideal para o refuxio de embarcacións. Tamén contén unha pequena lagoa fangosa que é utilizada polos visitantes para tomar baños de lodo. As súas praias son de auga transparente e de area branca.
 
== Historia ==