Zürich: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Liña 150:
=== Lugares de interese ===
[[Ficheiro:Grossmunster church.jpg|miniatura|200px|Igrexa de Grossmünster, Zúric]]
* [[Igrexa de Grossmünster]]. É o principal templo protestante da cidade. Xogou un papel moi importante na Reforma Protestante, ao ser a igrexa da que Zwingli foi pastor e na que se xestou a ruptura da Igrexa do norte de Suíza. Está construída á beira do río Limmat sobre a base dun templo [[Imperio Carolinxio|carolinxio]] erguido cara ao ano 820. O actual é de estilo [[románico]] e a súa construción foi inicadainiciada no século XII, sendo inaugurada en 1220. Recentes escavacións confirmaron que onde hoxe se levanta a Grossmünster houbo un cemiterio romano. Os seus dous campanarios xemelgos son, posiblemente, o monumento máis coñecido de Zúric.
* [[Igrexa de Fraumünster]]. O primeiro templo data do ano 874, sendo posteriormente reformada con elementos románicos no século XIII. Incialmente tratábase dunha abadía, mais o claustro e os edificios abaciais foron derrubados a finais do século XIX. Destacan os vidros das cinco fiestras do coro cuxa decoración foi deseñada polo pintor [[Marc Chagall]].
* [[Igrexa de San Pedro]]. Posúe o reloxo de parede de igrexa máis grande do mundo, cun diámetro de 8,7 metros e construído en 1534. A igrexa actual é de 1460 e de estilo [[arquitectura gótica|gótico]], permanecendo aínda elementos románicos levantados cara a 1230. Escavacións arqueolóxicas evidenciaron a existencia dun primeiro templo erguido no século VIII.