Wikipedia:Eliminación rápida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 58:
{{Anchor|X10}}
==== X10. Violación dos dereitos de autoría ====
{{VT|Wikipedia:Dereitos de autoría}}
{{Atallo|WP:X10}}
Refírese a páxinas de texto que conteñan material con [[Wikipedia:Dereitos de autoría|dereitos de autoría]], sobre os que non hai unha evidencia de que estean no dominio público ou baixo unha licenza compatible, e cando non quede texto válido nesa páxina que se poida salvar. Só se debe borrar a páxina se o seu historial está corrupto, e non é posible amañala. Se existen versións anteriores onde non se violación os dereitos debe reverterse a páxina a esa versión. Para casos non obvios que non cumpran este criterio (como por exemplo se hai unha licenza dubidosa na fonte, cando se mesturan edicións de texto libre con texto con dereitos ou cando só hai unha violación parcial ou cambios mínimos no texto con dereitos), o artigo ou sección particular debe marcarse con {{tl|Copyvio|2=fonte do texto con dereitos de autoría}}. O contido no dominio público e outros contidos libres, como espellos da Wikipedia, non poden borrarse seguindo deste criterio. Tampouco entra baixo este criterio a falta de atribución do texto. Para imaxes e ficheiros multimedia, consulta [[#F8|o criterio equivalente]].