Agustín Fernández Paz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 56:
Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave da [[literatura infantil e xuvenil galega]], non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores, pola cantidade das súas obras que foron traducidas, en especial ao castelán (arredor de 50), ao catalán (máis de 30), ao éuscaro (unha 20) e ao portugués pero tamén ao asturiano, ao francés, ao árabe e ao coreano,<ref>{{cita web|título=Ficha de Agustín Fernández Paz|url=http://www.cervantesvirtual.com/portales/fernandez_paz/|editor=cervantesvirtual.com|dataacceso=21 de outubro de 2016}}</ref> e polos premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o [[Premio Merlín|Merlín]], [[premio Lazarillo|Lazarillo]], o [[Premio Rañolas|Rañolas]] ou o [[Premio Raíña Lupa|Raíña Lupa]]. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a [[Lista de Honra de IBBY]]. Foi nomeado Socio de honra da [[Asociación de Escritores en Lingua Galega]] en [[2009]].
 
A súa novela ''[[Cartas de inverno]]'' acadou en 2016 a cifra de máis de 100&nbsp;000 exemplares vendidos, fito que só acadou na ficción galega outra novela, ''[[Memorias dun neno labrego]]'', de [[Xosé Neira Vilas]].<ref name="Cartas de inverno">{{cita novas|apelidos=C.|nome=R.|título='Cartas de inverno', de Fernández Paz, chega aos 100.000 exemplares cunha edición especial|url=http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/cartas-inverno-fernandez-paz-chega-aos-100-000-exemplares-cunha-edicion-especial/20161125193440053101.html|dataacceso=26 de novembro de 2016|obra=[[Sermos Galiza]]|data=25 de novembro de 2016}}</ref>.
 
Ademais, realizou un longo labor editorial para [[Edicións Xerais]], coordinando durante moitos anos a colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil.
Liña 70:
* ''[[Unha lúa na fiestra]]'', [[1994]], Galaxia (narrativa xuvenil).
* ''[[Trece anos de Branca]]'', 1994, Xerais (novela xuvenil).
* ''[[Cartas de inverno]]'', [[1995]], Xerais (novela xuvenil), 35ª edición.<ref name="Cartas de inverno" />.
* ''[[Amor dos quince anos, Marilyn]]'', 1995, Xerais (novela xuvenil), 6ª edición.
* ''[[Avenida do Parque, 17]]'', [[1996]], Edicións S. M. (novela xuvenil).