Camiño Francés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
Como o resto dos Camiños, tivo numerosas ramificacións e rutas alternativas polas que os peregrinos buscaban achegarse ós distintos santuarios que existían ou se foron construíndo ó longo do Camiño ou, simplemente, optar por rutas máis seguras ou máis cómodas.
 
A ''[[Historia Compostelana]]'', escrita polopola entornocontorna do bispo [[Diego Xelmírez]] a partir do ano [[1109]] recolle a primeira referencia documentada sobre o número de peregrinos que ían cara a Santiago. Relata o asombro do emir Alí ibn Yúsuf (1083-1143) <ref>Alí ibn Yúsuf foi o emir almorábide desde 1106 ata a súa morte en 1143. O seus dominios estendíanse por Marrocos e Andalucía, Valencia e parte de Aragón (conquistou Zaragoza en 1110), Cataluña e Portugal.</ref> cando, na súa viaxe a Galicia para falar coa raíña [[Urraca de León|Urraca]], observou a marea de peregrinos e preguntou:
{{cita|"''¿Quen é ese para que o visite tan grande multitude de cristiáns? ¿Quen é ese personaxe tan grande e ilustre para que os cristiáns se dirixan a el para facer oración, desde detrás dos Pireneos e desde máis lonxe? É tan grande a multitude dos que van e volven, que cáseque non deixa libre a calzada cara a Occidente''".|López Pereira, px. 36.}}
 
Liña 305:
Xa en [[provincia de Palencia|Palencia]], cruza [[Itero de la Vega]], pasando antes fronte á ermida da Piedade, do século XIII, na que hai unha talla de Santiago peregrino.
 
Tras cruzar o Canalcanal do Pisuerga chégase a [[Boadilla del Camino]], onde destaca unha elaborada picota (''rollo'') xurisdicional do XV, en estilo gótico tardío, xunto á igrexa da Anunciación (XVI-XVII), que posúe unha interesante pía bautismal románica.
 
Bordeando agora o Canalcanal de Castela <ref>Este canal, como outros canais semellantes construídos en Castela e León, forma parte dunha rede de obras de enxeñería hidráulica realizadas entre mediados do século XVIII e o primeiro terzo do XIX. Foron construídos para facilitar o transporte do trigo de Castela cara aos portos do Cantábrico e, desde alí, a outros mercados, polo que quedaron obsoletos trala chegada e expansión do ferrocarril.</ref>, o peregrino chega a Frómista (''Frumesta'', no ''Calixtino'', de ''frumenta'', rica en cereais), coa igrexa de San Martiño, románica do século XI e fundada pola raíña Dona Maior. Son especialmente interesantes os 315 canzorros que teñen man do tellado, todos eles diferentes. Tamén houbo varios hospitais en Frómista, entre os que destacaban o de Santiago (fundado en [[1507]]) e o de San Martiño (anterior a [[1453]]).
 
En Frómista naceu [[Pedro González Telmo]] (1190-1246), máis coñecido como ''San Telmo'' aínda que o certo é que non chegou a ser canonizado, patrón de [[Tui]] e avogoso dos mariñeiros.