George S. Patton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 87:
En 1915 Patton foi asignado a labores de patrulla fronteiriza coa Compañía A do 8º de Cabalería, con base en [[Sierra Blanca, Texas|Sierra Blanca]].{{sfn|Axelrod|2006|p=36}}{{sfn|D'Este|1995|pp=158–159}} Neste tempo Patton afíxose a levar o seu M1911 [[M1911|Colt .45]] no seu cinto no lugar de levalo nunha funda. A súa arma disparóuselle accidentalmente unha noite nun ''[[saloon]]'', polo que a cambiou por un [[revólver]] [[Colt Single Action Army]] coa empuñadura de [[marfil]], arma que se convertería posteriormente nunha icona representativa da súa imaxe.{{sfn|Zaloga|2010|p=9}}
 
En marzo de 1916 forzas mexicanas leais a [[Pancho Villa]] cruzaron a fronteira cara a [[Novo México]] e [[Batalla de Columbus (1916)|asaltaron oa pobolocalidade fronteirizofronteiriza de Columbus]], o que resultou na morte de varios estadounidenses en [[Columbus, Novo México|Columbus]]. Os Estados Unidos responderon enviando unha expedición en México contra Villa. Desgustado ó saber que a súa unidade non participaría na expedición, Patton pediulle ó comandante desta, [[John J. Pershing]], que o levase con el, e foi nomeado o seu asistente persoal para a expedición. Isto significaba que Patton participaría en certa medida na organización da expedición, e as ganas e dedicación que demostrou para a tarefa impresionaron a Pershing.{{sfn|D'Este|1995|pp=162–163}}{{sfn|Zaloga|2010|p=10}} Patton modelou gran parte do seu estilo de liderado emulando a Pershing, quen favorecía as accións fortes e decisivas e comandaba dende a fronte.{{sfn|D'Este|1995|p=165}}{{sfn|Brighton|2009|p=31}} Como asistente de Pershing, Patton supervisaba a loxística do seu transporte e actuaba como o seu mensaxeiro persoal.{{sfn|Axelrod|2006|pp=38–39}}
 
A mediados de abril Patton pediulle a Pershing que lle dese a oportunidade de comandar tropas, e foi destinado á Tropa C do 13º Rexemento de Cabalería para axudar na persecución de Villa e dos seus subordinados.{{sfn|Axelrod|2006|p=40}} A súa primeira experiencia en combate tivo lugar o 14 de maio de 1916 no que sería o primeiro ataque motorizado da historia bélica dos Estados Unidos. Unha forza do 6º Rexemento de Infantería de dez homes e dous guías civís baixo o seu mando montados en tres turismos [[Dodge]] sorprendeu a tres dos homes de Villa durante unha expedición, matando a [[Julio Cárdenas]] e dous dos seus gardacostas.{{sfn|Zaloga|2010|p=10}}{{sfn|Axelrod|2006|pp=41–42}} Non quedou claro se Patton matou persoalmente a algún dos homes, pero sóubose que si ferira ósos tres.{{sfn|D'Este|1995|pp=172–175}} Este evento fixo que Patton gañase o favor de Pershing, quen se referiu a el como o seu propio "Bandito",{{sfn|Randall|Nahra|2014}}<ref>{{Cita libro|título=The Politically Incorrect Guide to Real American Heroes|nome=Brion|apelidos=McClanahan|editorial=Regnery Publishing|ano=2012|isbn=9781596983205|p=162}}</ref> e provocou que recibise unha grande atención dos medios como un "matabandidos".{{sfn|Randall|Nahra|2014}}{{sfn|Zaloga|2010|p=10}}{{sfn|Brighton|2009|p=32}} O 23 de maio de 1916 foi ascendido a tenente primeiro mentres formaba parte do 10º de Cabalería.{{sfn|Axelrod|2006|p=36}} Patton permaneceu en México ata o final do ano. O presidente [[Woodrow Wilson]] prohibiu que a expedición levase a cabo patrullas agresivas en territorio mexicano, polo que Patton permaneceu na base durante gran parte do tempo. En outubro dese ano retirouse brevemente áa California tras queimarse cunha lámpada de gas que estoupara, {{sfn|Axelrod|2006|p=43}} e retornou permanentemente da expedición en febreiro de 1917.{{sfn|Axelrod|2006|p=46}}
 
== Primeira Guerra Mundial ==