Luís Vaz de Torres: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Luis Váez de Torres"
 
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Luís Vaz de Torres''', tamén '''Luís Váez de Torres''',''' '''nado en España ou Portugal, circa. [[1565]] - 1610/1613?, foi un mariño e [[Exploración|explorador]] que navegou ó servizo da [[Imperio Español|Coroa española.]]. Foi o primeiro navegante europeo coñecido en atravesar o estreito entre o continente [[Australia|australiano]] e a illa de [[Illa de Nova Guinea|Nova Guinea]], que desde entón leva o seu nome, [[estreito de Torres]].
 
== Orixes e primeiros anos ==
Liña 11:
 
=== Antecedentes ===
A Coroa española organizou tres viaxes entre 1565 e 1605 tentando descubrir a mítica ''[[Terra Australis Incognita]]'', un continente situado cara ó sur do [[Océano Pacífico|océano Pacífico.]]. As dúas primeiras, mandadas por [[Álvaro de Mendaña]], fracasaron nese intento aínda que descubriron as [[illas Salomón]], [[Guadalcanal, Illas Salomón|Guadalcanal]], [[Illas Marquesas|As Marquesas]] e outras. Na segunda viaxe morreu Mendaña e o piloto maior, [[Pedro Fernandes de Queirós|Pedro Fernández de Quirós]], levou a expedición de volta a [[México|México.]]. Curiosamente deron o nome ás [[illas Salomón]] porque as identificaron coa mítica Ofir, onde o rei hebreo [[Salomón]] enviaba as súas naves en busca de ouro, a pesar de que non atoparon ouro nelas.
 
=== A viaxe ===
Liña 23:
=== A costa sur de Nova Guinea e o estreito de Torres ===
[[Ficheiro:Torres_journey.PNG|dereita|miniatura|300x300px|Expedición de Torres.]]
O 26 de xuño 1606, sabendo xa que «Austrialia do Espírito Santo» era unha illa, o ''San Pedro'' e ''Los Tres Reyes'', ó mando de Torres, partiron cara a [[Manila|Manila.]]. Os ventos contrarios impediron que os barcos seguisen unha ruta máis directa ó longo da costa norte de [[Illa de Nova Guinea|Nova Guinea]], xa coñecida. O relato de Prado dá conta de que avistaron terra o 14 de xullo de 1606, que probablemente fose a illa de Tagula, no arquipélago das Luisiadas, ó sueste de Nova Guinea. A viaxe continuou durante os seguintes dous meses, realizando unha serie de desembarcos para repor alimentos e auga para os barcos e tomar posesión desa terra para España.<ref name="Torres">''Discovery of Australia''</ref> Iso púxoos en contacto estreito e, en ocasións violento, cos pobos indíxenas locais. Prado e Torres informan ambos da captura de vinte persoas, entre elas unha muller embarazada que deu unha luz varias semanas máis tarde.<ref name="prado">O relato de Prado pode consultarse en[http://web.archive.org/web/http://www.sl.nsw.gov.au/discover_collections/history_nation/voyages/voya_spanishQuest.html]</ref> Prado debuxou unha serie de cartas esquemáticas das ancoraxes no golfo de Papúa, varios das cales aínda se conservan.<ref>Ver tamén ''First Discovery of Australia'', de Collingridge, 1895, que inclúe copias propias de Collingridge de tres das cartas.[http://www.gutenberg.org/files/17022/17022-h/17022-h.htm#ch-12]</ref>
 
Durante moitos anos supúxose que Torres seguiu unha ruta preto da costa de [[Illa de Nova Guinea|Nova Guinea]] para navegar os 150 km do estreito que leva o seu nome, pero en 1980 o historiador e capitán de [[Queensland]], [[Brett Hilder]], demostrou a maior probabilidade de que Torres tomase unha ruta máis meridional a través da canle que agora se chama estreito Endeavour, moi próximo ó [[Estreito de Torres|Estreito de Torres.]]. Dende esta posición certamente avistaría o extremo norte do continente australiano, concretamente o cabo de York. Independentemente diso, Torres nunca afirmou que avistara o continente meridional e limitouse a sinalar que pasara a través do estreito. A expedición demostrou que Nova Guinea non formaba parte do tan desexado continente. Non fo''i'' así con Diego de Prado y Tovar que resaltaba na súa solicitude ó rei [[Filipe III de España|Filipe III]] a importancia de cristianizar a ''Austrialia'', bautizada por eles así en honra ós Austrias. E pedía explicitamente facelo de maneira máis cristiá que as Indias Occidentais.
 
O 27 de outubro, Torres chegou ó extremo occidental de Nova Guinea e dirixiuse ó norte das illas de [[Ceram]] e [[Misool]] cara ó mar de Halmahera. A principios de xaneiro de 1607 chegou ó porto de [[Ternate]], na illa homónima parte das [[Molucas|illas das Especias.]] Navegou o 1 de maio cara a [[Manila]] chegando o 22 de maio.
Liña 34:
O 1 de xuño de 1607 chegaron a Manila dous barcos procedentes de América do Sur, sendo un deles o antigo barco de Quirós, o ''San Pedro e San Pablo'', agora baixo outro nome, pero con algúns dos seus anteriores tripulantes aínda a bordo. Ó decatarse de que sobrevivira Quirós, Torres de inmediato escribiulle un informe da súa viaxe. Malia que ese informe desapareceu, Quirós mesmo se referiu a el nalgúns dos seus moitos memoriales ó rei, esgrimíndoo en favor doutra viaxe.
 
Torres, a súa tripulación e os seus cautivos desaparecen por completo dos rexistros históricos neste punto, e a súa sorte posterior descoñécese. Prado volveu a España, posiblemente levando a un dos cautivos de Nova Guinea con el.<ref>Prado escribiu cartas desde Goa en decembro de 1613, indicando que tomara a ruta portuguesa a casa. </ref> A maioría dos documentos dos descubrimentos de Torres non foron publicados pero, ó chegar a España, foron gardados nos Arquivos españois, incluíndo o longo relato de Prado e as cartas que o acompañaban. Nalgún momento entre 1762 e 1765, as narracións escritas da expedición de Torres foron vistas polo hidrográfo do Almirantazgo Británico [[Alexander Dalrymple|Alexander Dalrymple.]]. Dalrymple proporcionou un mapa esquemático que incluía as Viaxes de Quirós-Torres a [[Joseph Banks]], que sen dúbida proporcionaría esa información a [[James Cook]].
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Vaz de Torres, Luis}}
[[Categoría:Exploradores]]