Adelán, Alfoz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 22:
A '''igrexa parroquial de Santiago de Adelán''' é o froito dunha serie de intervencións ao longo dos séculos. Do [[século XII]] consérvanse algúns elementos, aínda que a parroquia xa existía no [[século VII]] (outras testemuñas din que hai documentos que tamén se refiren á parroquia de San Vicente de Lagoa do mesmo século) e hai autores que datan a portada no século X, pero o resto da construción é do [[século XVII]]. Ten tres naves separadas por arcos de medio punto e a sancristía situada detrás da cabeceira. A fachada principal conserva a portada románica, con arco de medio punto con dúas arquivoltas e columnas con capiteis figurativos; son curiosas as [[base (arquitectura)|bases]], que son en realidade [[capitel|capiteis]] invertidos, o que fai cavilar na reutilización de elementos arquitectónicos anteriores. Ten espadana de dous vans e consérvanse retablos no interior.
 
A '''torre de Adelán''' está situada no lugar da Igrexa, nas proximidades do templo parroquial, e é de propiedade privada. Axardinado e cercado, cun muro de pedra e a entrada cunha enmarcadura na porta dun arco. Posúe dous corpos: un cuadrangular con cuberta a catro augas e con solaina de pedra, e o outro constituído por diversas pezas ameadas que representan a Torre. Empregouse canteiríacantaría na torre e nunha fachada principal. A construción é sólida, perfectamente coidada e cun escudo da familia.
 
A '''Casa do Pazo de Adelán''' está tamén no lugar da Igrexa, e é de propiedade privada. Encóntrase nunha leira situada nunha zona chá e rodeada de suaves outeiros boscosos. Antes estaba amurallada e agora está dividida polas pistas rurais que a atravesan. A planta ten forma de L, formada por unha torre no ángulo e dous corpos engadidos. Está fabricada de cachotería de granito, ten un patín de pedra orientado ao poñente. Posúe unha torre de tres plantas.