Grupos Antiterroristas de Liberación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 17:
== Actuacións ==
 
O 28 de setembro danse por iniciadas as accións dos GAL en [[Francia]], integrados por membros das forzas de seguridade do Estado español e por mercenarios <ref>http://www.elmundo.es/nacional/gal/marey/crononacimiento.html</ref>. A primeira actuación dos GAL foi o secuestro dos mozos indepentistas Lasa e Zabala, o 16 de outubro. Dous días despois, catro policias españois son detidos polas forzas de seguridade francesas no intento de secuestro de José Maria Larretxea Goñi. Tras o informe do [[CESID]] no que señalan a Mikel Lujua coma un dos lidereslíderes de [[ETA]], os '''GAL''' deciden secuestralo.
 
O 4 de decembro Segundo Marey escoitou o timbre, abriu a porta e saliu da súa casa (en [[Hendaya]]). Dous homes, que o confundiron co membro de ETA Mikel Lujúa, agarrarono e meterono pola forza noutro vehículo, logo emprenderon a viaxe en dirección a España. O subcomisario Amedo desplazouse ó posto fronterizo de [[Dantxarinea]] ([[Navarra]]), para esperar ós secuestradores e resolver os problemas que poideran xurdir para lograr que entraran en España coa víctima. Tras pasar a fronteira trasladáronse a unha cabaña en [[Colindres]]. A pesar de darse conta do error, e coa autorización de Barrionuevo, seguiron adiante co secuestro <ref>http://www.elmundo.es/nacional/gal/marey/victima.html</ref>. O día 6 contactaron coa [[Cruz Vermella]] de [[Donosti]] e anunciaron que se os seus catro compañeiros detidos non eran liberados executarían a Marey, dous días despois os axentes foron liberados. E o día 13 foi liberado Segundo Marey a un quilómetro da fronteira francesa e cun comunicado no que por primeira vez víanse as siglas ''GAL''.