Alonso Jofre Tenorio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
fusión Cerdedo-Cotobade
m Arranxos varios
Liña 8:
En 1314, segundo [[Ortiz de Zúñiga]], era xa [[almirante]] maior da mar. Ó almirante, como dignitario da corte rexia, o rei confiáballe o mando da súa frota e a dirección da guerra na mar. Equivalía a un «alter ego» do monarca cando navegaba. Por iso, quedaban baixo a súa autoridade e xurisdición os portos e concellos das vilas do litoral. As súas atribucións eran moi diversas. Durante o primeiro terzo do [[século XIV]] tiña ó seu cargo o poder militar da frota con ampla potestade xurisdicional sobre tódolos homes que embarcaban en armadas da Coroa, ademais do coidado e dirección da construción naval nos [[estaleiro]]s.
 
Na orde xudicial as súas facultades eran tamén amplas. Exerceu a súa [[xurisdición]] a través dun tribunal do almirantado en Sevilla. Nomeaba alcaldes, alguacís e escribáns. Incluso poden englobarse neste grupo outras prerrogativas, como posuír voto no concello de Sevilla e ser membro do [[Consello Real]].
 
No aspecto económico, á parte de tódolos beneficios derivados das súas facultades xudiciais, tiña outras fontes de ingresos. As máis importantes eran un sétimo do botín capturado; o despacho ou imposto sobre a capacidade do navío, e a distancia do porto de destino; o almirantado ou tributo que gravaba a carga e descarga de mercancías, así como a utilización do porto, especialmente para os mariños non sevillanos e a ancoraxe que era un gravame imposto ós barcos pola entrada e fondeo no leito dos ríos e portos.
Liña 16:
En [[1328]] era encomendeiro do [[mosteiro de San Xoán de Poio]], convento beneditino, fundado no [[942]]. Afonso XI asinou un documento no que confirma a exención de xantar e de pedidos, privilexio outorgado polo seu antecesor Fernando IV. Igual ocorre en [[1329]] para o [[mosteiro de San Salvador de Lérez]].
 
En 1333 Afonso XI concedeu [[Moguer]] a Alonso Jofre Tenorio e á súa muller, Elvira Álvarez, como [[Señorío de Moguer|vila de señorío]] ''por muchas buenos senvicios, que feicisteis a el rey don Fernando, nuestro padre, que Dios perdone, e feicistes e facedes a nos de cada día''. Como I Señor de Moguer fundou o Convento do Corpus Christi e o Mosteiro de Santa Clara, entre 1337 e 1338, converténdose no seu patrón, e dotou con numerosos bens ás comunidades relixiosas que asentou na súa vila. Os descendentes de Alonso Jofre Tenorio mantiveron o patrimonio monacal engrandecéndoo con propiedades rústicas e urbanas. A Casa Tenorio entroncou por matrimonio coa liñaxe dos [[Portocarrero]], señores de [[Villanueva del Fresno]] ([[Provincia de Badaxoz|Badaxoz]]) nas persoas de María Tenorio, filla do almirante, e Martín Fernández Portocarrero.
 
A crónica de Afonso XI, tratados nobiliarios e obras locais ofrecen gran cantidade de datos sobre a actuación político-militar do almirante. En 1325 expulsou ós nobres de Sevilla, tomando o goberno da cidade. Ó ano seguinte participou na conquista de [[Olvera]] e [[Pruna]], impedindo coa súa frota que os [[benimerines]] apoiasen aos [[reino de Granada]] por mar, subministrándolles comida e tropas. En 1329 foi ante o Papa [[Xoán XXII]] como embaixador para conseguir os beneficios de cruzada na guerra contra os infieis. Nese mesmo ano intentou desde a mar que [[Xibraltar]] non caese en mans de [[Abomelique]], fillo do sultán de [[Fez]]. En 1337 conseguiu unha aparatosa vitoria sobre a frota [[Portugal|portuguesa]].
Liña 33:
* [http://galeon.com/navegahispania/personajes/jofretenorio.htm Biografía] {{es}}
 
{{ORDENAR:Jofre Tenorio, Alonso}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Jofre Tenorio, Alonso}}
[[Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Cerdedo-Cotobade]]