Orodruin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 1:
'''Orodruin''', tamén coñecido como '''Monte do Destino''', é un [[volcán]] ficticio do [[legendarium]] de [[J. R. R. Tolkien]]. Situado no corazón da terras negras de [[Mordor]], é o lugar onde o [[Anel Único]] foi forxado polo Señor Escuro [[Sauron]], e constitúe o punto final da misión emprendida por [[Frodo Bulseiro]] para destruír o Anel, recollida n'''[[O Señor dos Aneis]]''.
 
''Orodruin'' significa "montaña ardente" en [[Sindarin]]. O equivalente Sindarin do nome ''Monte do Destino'' é ''Amon Amarth'', literalmente "montaña do destino".
 
Cando na [[Segunda Idade]] Sauron comezou a súa procura dun lugar na [[Terra Media]] que lle servise de morada permanente, a súa atención recaeu inmediatamente sobre [[Mordor]], e en concreto sobre Orodruin, pois considerou que podería tirar partido do seu poder. Xa que logo, estabeleceu o seu reino ao redor do volcán, e "usou o lume que alí manaba desde o corazón da terra para os seus meigallos e as súas forxas". A máis célebre das creacións forxadas por Sauron no Monte do Destino é o inmensamente poderoso "Anel Único", que elaborou nos lumes das '''Sammath Naur''' (ou '''Fendas do Destino'''), unha sima situada nas profundidades da montaña. Dise n' ''O Señor dos Aneis'' que os materiais que compuñan o Anel eran tan resistentes, e os encantamentos nel insuflados tan potentes, que só podía ser destruído nesas mesmas Fendas do Destino.
 
Dáse a entender que Orodruin é moito máis ca un simple volcán: responde ás ordes de Sauron e á súa presenza, sumíndose nunha inactividade cando non se atopa en Mordor e volvendo á vida ao volver este. Semella que a súa actividade tamén estea conectada ao poder persoal de Sauron, pois cando este é derrotado á fin da [[Terceira Idade (Tolkien)|Terceira Idade]], o volcán entra nunha violenta erupción para despois cesar toda actividade de maneira permanente.
Liña 16:
 
== Notas ==
{{Reflist|2}}
<div class="references-2column">
<references/>
</div>
 
== Lecturas adicionais ==
* Larsen, Kristine. Sauron, Mount Doom, and Elvish Moths: The Influence of Tolkien on Modern Science. Tolkien Studies - Volume 4, 2007, pp. 223-234&nbsp;223–234
{{Control de autoridades}}