Proxecto HAARP: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
m Arranxos varios
Liña 13:
|urlarquivo=https://archive.is/E8MH|dataarquivo=2012-05-30}}</ref> Iniciouse en [[1993]] para unha serie de experimentos durante vinte anos. É similar a numerosos quentadores ionosféricos existentes en todo o mundo, e ten un gran número de instrumentos de diagnóstico que se usan para mellora-lo coñecemento científico da dinámica ionosférica.
 
É a evolución do [[proxecto ROTHR|ROTHR]], e como o seu predecesor componse de estacións de fragas de antenas que emiten constantemente nunha [[frecuencia]] que pode ser sintonizada por receptores de radio en todo o mundo (6,965 Mhz). Tense constancia de que non só emite nesa frecuencia unha serie aparentemente aleatoria de números senón que a súa capacidade transmisora pode ser utilizada para comunicacións en todo o mundo sen necesidade de satélites pero imitando o comportamento destes.
 
O funcionamento baséase na emisión de [[Electromagnetismo|ondas electromagnéticas]] que rebotan na [[ionosfera]] e desprázanse a calquera lugar do [[Terra|globo]].
Liña 19:
As instalacións principais áchanse en Gakona, [[Alasca]], na Estación de Investigación de HAARP (en [[lingua inglesa|inglés]], HAARP Research Station),
O principal dispositivo da Estación HAARP é o Instrumento de Investigación Ionosférica (''IRI'', polas súas siglas en inglés), un potente [[radiotransmisor]] de alta frecuencia que se emprega para modificar as propiedades nunha zona limitada da ionosfera. Os procesos que ocorren en dita zona son analizados mediante outros instrumentos, tales como [[radar]]es UHF, VHF e de sondaxe dixital, e [[magnetómetro]]s de saturación e de indución.
Aínda que a Estación HAARP empezou a funcionar en [[1993]], o IRI actual opera desde o ano [[2007]] e o seu contratista principal foi BAE Advanced Technologies.
 
Ata 2008, HAARP gastara aproximadamente 250 millóns de dólares, financiados con impostos para a súa construción e custos operacionais.<ref>"Heating Up the Heavens." Weinberger, Sharon. Nature. Volume 453. April 24 2008.
Liña 35:
O principal compoñente de HAARP é o ''Ionospheric Research Instrument'' (''IRI''), un [[quentador ionosférico]]. Trátase dun sistema transmisor de alta frecuencia (HF) utilizado para modificar temporalmente a ionosfera. O estudo destes datos aporta información importante para entender os procesos naturais que se producen nela.
 
Durante a investigación ionosférica, o sinal xerado polo transmisor envíase ao campo de antenas, que o transmiten cara ao ceo. A unha altitude entre 100 e 350 &nbsp;km, dito sinal absórbese parcialmente, concentrándose nun volume duns centos de metros de altura e varias decenas de quilómetros de diámetro. A intensidade do sinal de alta frecuencia na ionosfera é de menos de 3 &nbsp;µW/cm<sup>2</sup>, decenas de miles de veces máis pequeno que a [[radiación electromagnética]] natural que chega á [[Terra]] procedente do [[Sol]], e centos de veces menor que as alteracións aleatorias da enerxía [[ultravioleta]] (UV) que mantén a ionosfera. Non obstante, os efectos producidos polo IRI poden observarse cos instrumentos científicos das instalacións antes mencionadas, e a información que se obtén é útil para entender a dinámica do [[Plasma (estado da materia)|plasma]] e os procesos de interacción entre a Terra e o Sol.
 
O primeiro IRI da estación tiña 18 antenas, organizadas en tres filas de seis antenas cada unha. Esta instalación inicial transmitía 360 &nbsp;kW de potencia, enerxía suficiente para as probas ionosféricas máis básicas. En 1993 aumentouse o número de antenas a 48, ordenadas en seis filas de oito antenas cada unha, cunha potencia de 960 &nbsp;kW. O IRI actual rematouse de construír en 2007, e consta de 180 antenas, organizadas en 15 columnas de 12 unidades cada unha. Provén unha ganancia máxima teórica de 31 &nbsp;dB e teñen unha potencia de 3600kW3600&nbsp;kW, cunha irradiación enerxética máxima de 96 dBW nunha frecuencia de 16 khz.<ref>
{{cita web
|url=http://www.haarp.alaska.edu/haarp/phases.html
Liña 65:
}}</ref>
 
O IRI actual pode transmitir nun rango de frecuencias entre 2,8 e 10 &nbsp;MHz. Este rango está por riba das emisións de radio [[AM]] e por debaixo das frecuencias libres. Non obstante, HAARP ten permisos para que o IRI transmita unicamente en certas frecuencias da súa rango. Cando está transmitindo, o [[ancho de banda]] do sinal transmitido é de 100 &nbsp;kHz ou menos. Pode transmitir de forma continua ou en pulsos de 100 microsegundos. A transmisión continua é útil para a modificación ionosférica, mentres que a de pulsos serve para usar a instalación como un radar. Os científicos poden facer experimentos utilizando ambos métodos, modificando a ionosfera durante un tempo predeterminado e logo medindo a atenuación dos efectos coas transmisións de pulsos.
 
== Potencial como arma ==
Liña 78:
 
Curiosamente, o equivalente ruso [[Instalación de Calefacción Ionosférica Sura|Sura]], é unha instalación similar pero unhas 50 veces máis potente que HAARP (190 [[MW]] fronte a 3,6 [[MW]]). O [[Parlamento Europeo]], pola súa parte, nunha resolución do [[28 de xaneiro]] de [[1999]] sobre medio ambiente, seguridade e política exterior (A4-0005/1999),<ref>[http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+REPORT+A4-1999-0005+0+DOC+XML+V0//ES Informe]
sobre medio ambiente, seguridade e política exterior</ref> sinalaba que debido aos potenciais efectos das actividades realizadas polo proxecto HAARP, estas eran de transcendencia e envergadura mundial, polo que solicita que sexa obxecto dunha avaliación por parte da STOA no que se refería ás súas repercusións sobre o medio ambiente local e mundial e sobre a saúde pública en xeral. Nesa mesma resolución do Parlamento Europeo, pedíase que se celebrara unha convención internacional para a prohibición mundial de calquera tipo de desenvolvemento e despregue de armas que poidan permitir calquera forma de manipulación de seres humanos.
 
== Críticas ==
A capacidade de quenta-la ionosfera e enviar radiacións focalizadas a puntos concretos do mundo pode ser empregada como un arma xeofísica, é dicir, como un arma coa capacidade de cambia-lo comportamento da meteoroloxía. En febreiro de [[1998]], o [[Parlamento Europeo]] referíase ó proxecto HAARP como unha ''inquietude global polo seu impacto sobre o medio ambiente''. Así mesmo, o Comité do Parlamento Europeo de Política de Relacións Exteriores, Seguridade e Defensa tentou crear un Libro Verde coas implicacións negativas dos programas militares sobre o medio ambiente que foi rexeitado polos [[Estados Unidos de América|EUA]] por "carecer o comité de xurisdición".
 
A emisión á ionosfera de radiacións para quentala pode interferir nas [[ondas Schumann]], ondas naturais que cobren o planeta e coinciden en frecuencia coas vibracións do [[hipotálamo]] (7,8 &nbsp;Hz). Sábese dende o comezo da carreira espacial que a presenza destas ondas é fundamental para a vida. Os astronautas, fóra da ionosfera sentían mareos provocados pola falta destas ondas no entorno. Os modernos vehículos espaciais levan xeradores destas ondas.
 
O xornalista Sharon Weinberger denominou o HAARP; ''"o [[Moby Dick]] das conspiracións"''.<ref name="Wired">{{cita web|url=http://www.wired.com/dangerroom/2008/04/haarp/|título=The Strange Life and Times of HAARP|apelidos=Weinberger|nome=Sharon |data=25-04-2008 |editorial=Wired Magazine|dataacceso=22 de decembro de 2011}}</ref><ref name="Nature">{{cita web|url=http://www.nature.com/news/2008/080423/full/452930a.html|título=Atmospheric physics: Heating up the heavens|apelidos=Weinberger |nome=Sharon |data=23-04-2008|editorial=Nature|dataacceso=22 de decembro de 2011}}</ref> O informático escéptico David Naiditch denominouno como ''"un imán de teorías"'', xa que foi culpado por accionar catástrofes tales como [[inundación]]s, [[seca]]s, [[furacán]]s, [[tormenta]]s, e [[terremoto]]s devastadores en [[Afganistán]] e as [[Filipinas]] dirixido á axitación de terroristas. Naiditch tamén o acusou de diversos acontecementos incluíndo os fallos eléctricos importantes do voo 800 da TWA, da [[síndrome do Golfo]], entre outros. Os teóricos da conspiración tamén suxeriron vínculos entre o HAARP e o traballo de [[Nikola Tesla]]. Segundo Naiditch, HAARP é un branco atractivo para os [[teoría da conspiración|teóricos da conspiración]] porque ''"a súa finalidade parece enigmática para os científicos desinformados"''.
Ata o momento, en ningún lugar se demostrou como sería posible que as ondas de radiofrecuencia producidas polo HAARP poden provocar efectos tales como terremotos. Ningún experimento científico avala esta conxectura.
 
En agosto de 2010, varios físicos rusos acusaron a [[Estados Unidos de América|EUA]] de estar tras a intensa vaga de calor rusa que orixinou numerosos incendios e duplicou a mortalidade. Afirmaban que o proxecto HAARP non é só un medio de investigación, senón unha potente arma que modifica o campo eléctrico e provoca cambios climáticos a nivel mundial.<ref>{{cita web|título=Físicos rusos acusan a Estados Unidos de provocar la ola de calor que arrasa el país|url=http://www.periodistadigital.com/ciencia/medioambiente/2010/08/10/fisicos-rusos-acusan-a-estados-unidos-de-provocar-la-ola-de-calor-que-arrasa-el-pais.shtml|editor=periodita digital|lingua=castelán|data=10 de agosto de 2010|dataacceso=22 de decembro de 2011}}</ref>