Uxía de Alexandría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m →‎Haxiografía: Arranxos varios
Liña 6:
Uxía era filla dun nobre romano, Filippo, que foi nomeado [[Prefecto romano|prefecto]] de [[Exipto]] polo emperador [[Galieno]], polo que se trasladou a [[Alexandría]] coa súa familia, a súa dona Claudia, Uxía e mailos seus irmáns Serxio e Avito. Aló Uxía converteuse ao cristianismo cos seus esclavos [[Proto e Xacinto]]. Como consagrara secretamente a súa virxinidade a Deus, fuxiu da súa casa vestida de home para evitar o seu casamento concertado co mozo Aquilino, fillo do [[Cónsul romano|cónsul]], e baixo falsa identidade ingresou nun mosteiro masculino.
 
Siguiu finxindo ser home e co tempo chegou a ser abade e a súa sona estendeuse dentro e fóra do convento. Daquela, unha nobre romana chamada de Melanzia intentou seducilo, mais ao ser rexeitada por despecho acusouno de intentar abusar dela. No xuízo, presidido polo seu propio pai, para demostrar a súa inocencia tivo que revelar a súa verdadeira identidade. Tras reencontrar á súa filla perdida o seu pai se convertería tamén ao cristianismo.
 
Foi mandada decapitar polo prefecto de Alexandría Nicezio un 25 de decembro.<ref>''Bibliotheca Sanctorum'', vol. V, coll. 181-183, voce a cura di Gian Domenico Gordini.</ref> e foi sepultada na [[vía Latina]].<ref>G.B. De Rossi, ''RSC'', I, pp. 180-181.</ref>