Balneario da Toxa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Hotel-la-toja-01.jpg" que foi borrado en Commons por INeverCry. Motivo: No source since 2 November 2016
m →‎Historia: Arranxos varios
Liña 5:
== Historia ==
Os pescadores locais da [[ría de Arousa]] decatáranse das augas mornas da illa e camiñaban polas augas medicinais notando na pel as súas cualidades. [[Emilia Pardo Bazán]], en 1911, conta a lenda de que tempo despois se abandonou na illa un [[burro]] con úlceras e tiña, e tras uns meses o seu dono atopouno san e saltando. O burro bañárase na lama e desapareceran as feridas. A historia axudou á creación do Gran Hotel na Toxa. A explotación turística comezou arredor de 1840.<ref>{{cita libro|nome=Xosé Luis|apelidos=Laredo Verdejo|título=Galicia enteira 3. Rías Baixas do Salnés|editorial=Edición Xerais|data=1981|páxina=108|ligazón-autor=Xosé Luís Laredo Verdejo}}</ref>
 
 
O hotel inaugurouse en 1907, baseado nos [[balneario]]s desa época como o de [[Mariánské Lázně|Marienbad]] en Alemaña (hoxe na [[República Checa]]). Construíronse dous pavillóns, un para os cuartos e outro para o casino, conectados por unha galería, deseñados polo arquitecto [[Daniel Vázquez-Gulías Martínez|Daniel Vázquez-Gulías]].<ref>[http://www.europapress.es/galicia/noticia-hotusa-explotara-gran-hotel-toja-hotel-balneario-20150609201547.html Hotusa explotará el Gran Hotel de La Toja y el Hotel Balneario]</ref> A decoración interior tiña frescos nos salóns e escaleiras. O hotel acadou sona entre as clases altas de Galicia e mesmo entre a corte de Madrid.
 
 
En 1945 foron derrubadas as torres e reformouse o edificio case totalmente. Consérvase a escaleira e as xanelas teñen reminiscencias dos tempos anteriores. Os cuartos foron renovados, mais hai mobles antigos. Desa época tamén existen columnas, mais o resto é novo.<ref>[https://elmundodedoodo.wordpress.com/2011/06/08/gran-hotel-la-toja/ Gran hotel La Toja.]</ref>