Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios
O '''produto interior bruto''' ou '''PIB''' é o valor monetario total da produción corrente de bens e servizos dun país durante un período (normalmente é un trimestre ou un ano). O PIB é unha magnitude de fluxo, pois contabiliza só os bens e servizos producidos durante a etapa de estudo.
 
En canto ao cálculo do PIB, pode facerse segundo o custo dos factores ou dos prezos de mercado. A relación entre ámbolos dous obtense restando ao PIB valorado a prezo de mercado, os impostos indirectos ligados á produción (Ti) e restándolle as subvencións á explotación (Su). Aleatoriamente pódense agregar, segundo algúns economistas, os ''royalties''.</br />
</br />
:<math>PIB_{cf} = PIB_{pm} - T_{i} + S_{u} \,</math>
</br />
O PIB é, sen dúbida, a macromagnitude económica máis importante para a estimación da capacidade produtiva dunha economía. Existen outros tipos de macromagnitudes a considerar partindo do PIB: o '''produto nacional bruto''' diferénciase do PIB en que só considera a cantidade fluxo de bens e servizos producidos por nacionais dun país, se ben o PIB non ten en consideración o criterio de nacionalidade.
 
== PIB total ==
É a suma de tódolos bens e servizos que produce un país ou unha economía nun período determinado (Aproximadamente dun ano). Analizado dende o punto de vista do gasto ou demanda, resulta ser a suma dos seguintes termos:</br />
</br />
:<math>PIB_{pm} = C + I + X - M \,</math>
</br />
Onde ''PIB<sub>pm</sub>'' é o produto interior bruto valorado a prezos de mercado, ''C'' é valor total do consumo final nacional, ''I'' é a formación bruta de capital tamén chamada inversión. ''X'' é o volume monetario das exportacións e ''M'' o volume das importacións. Se estamos interesados en distinguir entre consumo e inversión privadas e gasto público ''G'': entón modificamos a fórmula:</br />
</br />
:<math>PIB_{pm} = C_{pr} + I_{pr} + G + X - M \,</math>
</br>
 
== PIB nominal e PIB real ==
== PIB per cápita ==
{{Artigo principal|PIB per cápita}}
O '''PIB per cápita''' (tamén chamado '''renda per cápita''' ou '''ingreso per cápita''') é unha magnitude que trata de medir a riqueza material dispoñible. Se calcula simplemente como o PIB total dividido entre o número de habitantes (''N''):</br />
</br />
:<math>PIB_{pc} = \frac{PIB}{N}</math>
</br />
Por exemplo: os cinco países con maior PIB per cápita en 2006, medido en dólares estadounidenses (US$), son:
# [[Luxemburgo]] (US$76.224)
381.175

edicións