Tripanosomátidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎Morfoloxías: Arranxos varios
Liña 38:
 
* '''Amastigota''' (leishmanial).<ref name="Hoare1966">{{Cita publicación periódica | title = Developmental Stages of Trypanosomatid Flagellates: a New Terminology | journal = Nature | year = 1966 | last = Hoare | volume = 212 | pages = 1385–6 | doi=10.1038/2121385a0 | issue=5068}}</ref> Os amastigotas son unha morfoloxía común durante un estadio do ciclo de vida intracelular en hóspedes mamíferos. Todas as ''Leishmania'' teñen un estadio amastigota no seu ciclo de vida. Os amastigotas de ''Leishmania'' son especialmente pequenos e están entre as células eucarióticas máis pequenas. O flaxelo é moi curto, e proxéctase só lixeiramente máis alá do peto flaxelar.
 
* '''Promastigota''' (leptomónada).<ref name="Hoare1966" /> A forma promastigota é unha morfoloxía común nos hóspedes insectos. O flaxelo está en posición anterior con respecto ao núcleo e o flaxelo non está unido ao corpo celular (só á membrana polo [[corpo basal]] flaxelar). O [[cinetoplasto]] está localizado en fronte do núcleo, preto do extremo anterior do corpo celular.
 
* '''Epimastigota''' (crithidial).<ref name="Hoare1966" /> Os epimastigotas son unha forma común nos hóspedes insectos. ''[[Crithidia]]'' e ''[[Blastocrithidia]]'', ambos os dous parasitos de insectos, presentan esta forma durante os seus ciclos vitais. O flaxelo sae da célula por diante do núcleo e está conectado co corpo celular en parte da súa lonxitude por medio dunha membrana ondulante. O cinetoplasto está localizado entre o núcleo e o extremo anterior.
 
* '''Tripomastigota''' (tripanosomal).<ref name="Hoare1966" /> Este estadio é característico do xénero ''Tripanosoma'' na corrente sanguínea de hóspedes mamíferos e tamén en estadios metacíclicos infectivos da mosca [[vector epidemiolóxico|vector]]. Nos tripomastigotas o [[cinetoplasto]] está preto do extremo posterior do corpo celular, e o flaxelo esténdese unido ao corpo da célula na maioría da súa lonxitude por medio dunha membrna ondulante.
 
* '''Opistomastigota''' (herpetomónada).<ref name="Hoare1966" /> É unha morfoloxía máis rara na que o flaxelo é posterior ao núcleo, e pasa a través dun longo suco da célula.