Filosofía posmoderna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 1:
A identificación do [[posmodernismo]] en [[filosofía]] e cultura como unha entidade distinta do [[modernismo]], e o esclarecemento dos vínculos entrambos, é unha cuestión aínda aberta na teoría contemporánea. A crítica das nocións lineais da [[historia]] levou os seus partidarios a definir como posmodernos autores do [[século XIX]]; sobre todo [[Friedrich Nietzsche]]; e aínda da Antigüidade clásica; [[Protágoras de Abdera|Protágoras]], [[Gorxias]], [[Isócrates]] e outros sofistas. Este artigo examinará brevemente os precursores, pero concentrarase na produción teórica relacionada de maneira máis ou menos directa coa crise do [[estruturalismo]] nos anos [[1960]].
 
A idea dun pensamento posmoderno foi fonte de arduas discusións e aínda o continúa sendo.
 
Unha das fontes desta discusión encóntrase en que non é capaz de definirse en termos precisos, pois son o resultado de diferentes ideas, pensamentos e percepcións nos distintos campos da cultura occidental. Así no campo científico, a [[teoría da relatividade]] e posteriormente a [[física cuántica]], revolucionaron a [[física gravitacional]] newtoniana e a forma de interpretar o universo. Do mesmo modo, fixérono no campo filosófico. Na [[ciencia]] foi moi importante a enunciación do [[Principio de Incerteza de Heisenberg]], nome que define unha das maiores características do pensamento posmoderno así como as consecuencias do [[teorema de Bell]].
 
O mesmo ocorreu na área da [[psicoloxía]] e da [[psiquiatría]] co devir da [[psicanálise]] e as súas diferentes escolas ata chegar a [[Ronald Laing|Laing]] e [[Jacques Lacan|Lacan]]. En canto á filosofía e á [[literatura]], a achega posmoderna é moi parecida ao que no seu momento produciu o [[romanticismo]]. [[Franz Kafka]] e [[Milan Kundera]] son dous autores exemplos. O fenómeno [[J. K. Rowling|Rowling]] coa saga ''[[Harry Potter]]'' pode ser o seu corolario.
 
O filósofo italiano [[Gianni Vattimo]] define o pensamento posmoderno con claridade: nel o importante non son os feitos senón as súas interpretacións. Así como o tempo depende da posición relativa do observador, a certeza dun feito non é máis ca iso, unha verdade relativamente interpretada e polo mesmo, incerta. O modelo determinista da causalidade, da verdade absoluta e da teoría do tempo lineal ou a vivencia da xeometría euclidiana, foron ata hai pouco paradigmas agora superados polo coñecemento dun espazo de catro dimensións, no cal a variable tempo entón non fora tomada moi en serio.
 
Na literatura a fusión do espazo e do tempo na narración e a percepción difusa da realidade, así como os distintos puntos de vista do ou dos narradores, xunto á simultaneidade dos xéneros, especialmente na novela, levou á ruptura das técnicas clásicas, abolidas por unha absoluta liberdade tanto en estilo, forma e fondo. A literatura de imaxes, onde a realidade e a ficción comparten o mesmo espazo-tempo, parécese á cinematografía, na cal os debuxos animados comparten os mesmos lugares e a mesma vida cós actores de carne e óso.
 
A posmodernidade, por máis polifacética que pareza, non significa unha ética de carencia de valores no sentido moral, pois precisamente a súa maior influencia se manifesta no actual relativismo cultural e na crenza de que nada é totalmente malo nin absolutamente bo. A moral posmoderna é unha moral crítica do cinismo relixioso predominante na cultura occidental e fai énfase nunha ética baseada na intencionalidade dos actos e a comprensión inter e transcultural de corte secular dos mesmos.
 
É unha nova forma de ver a estética, unha novo orde de interpretar valores, unha nova forma de relacionarse, intermediadas moitas veces polos factores posindustriais; todas estas e moitas outras son características deste modo de pensar.
Liña 34:
 
{{ORDENAR:Posmoderna, filosofia}}
 
[[Categoría:Filosofía]]