Salgueiro branco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 24:
 
== Descrición ==
É unha [[árbore]] de [[Caducifolio|folla caediza]] de mediano ou gran tamaño que pode acadar os 30 m de altura, cun toro que chega ao metro de diámetro e cunha copa irregular. A [[casca]] é pardo cinsenta cunhas fendas profundas nos exemplares vellos. Os gomos acostuman ser pardo cinsentos ou pardo verdosos. As [[folla]]s son máis pálidas cás doutros salgueiros por mor da camada de peluxe que cobre as follas especialmente polo envés; son duns 5-105–10&nbsp;cm de longo e 0,5-1,5&nbsp;cm de largo. As [[flor]]es prodúcense cedo na primavera en [[Candea (botánica)|candeas]], e son polinizadas por [[insecto]]s. É unha especie [[Dioico|dioica]], con candeas (amentos) masculinase femininas en árbores separadas; as candeas masculinas teñen 4-54–5&nbsp;cm de longo, as femininas 3-43–4&nbsp;cm de longo durante a polinización, alongándose cando o froito vai chegando. Na maduración, a mediados do verán, as candeas femininas comportan numerosas [[cápsula (froito)|cápsulas]] miúdas duns 4&nbsp;mm, con cadansúas numerosas [[semente|sementiñas]] que incorporan unha especie de peluxe abrancazada que facilita o espallamento co vento.<ref name=rdm/><ref name=rushforth/><ref name="afm">Mitchell, A. F. (1974). ''A Field Guide to the Trees of Britain and Northern Europe''. Collins ISBN 0-00-212035-6</ref>
 
== Distribución ==
Liña 43:
Forma híbridos naturais co [[salgueiro irto]] (''[[Salix fragilis]]''), dando como resultado ''Salix × rubens Schrank''.
Un número de salgueiros brancos [[cultivar|cultivados]] e [[Híbrido (bioloxía)|híbridos]] foron seleccionados para uso na [[silvicultura]] e [[horticultura]]:
* O '''salgueiro de bate de crícket''' (''Salix alba'' 'Caerulea'), ou simplemente chamado '''salgueiro inglés''', é especialmente cultivado na [[Gran Bretaña]] para a extracción da súa [[madeira]], non soamente para a produción de bates de [[crícket]], mais tamén para outros usos onde son necesarias madeiras leves que non rachen facilmente. A súa principal característica é ter un crecemento rápido cun único toro recto, e tamén por posuír follas estreitas e longas (10-11 10–11&nbsp;cm de longo, 1,5-2 5–2&nbsp;cm de largura) cunha cor mais azul esverdeada. A súa orixe é descoñecida, mais pode ser tamén un híbrido entre o salgueiro branco e o [[salgueiro irto|irto]] (''Salix fragilis'').
* O '''salgueiro chorón dourado''' (''Salix × sepulcralis'' 'Chrysocoma', [[sinónimo|sin.]] ''Salix'' 'Tristis') é un híbrido entre o salgueiro branco e o [[salgueiro chorón]] (''Salix babylonica'') ou o salgueiro tortuoso (''Salix matsudana'').
* O '''vimieiro dourado''' (''Salix alba'' 'Vitellina' (L.) [[Jonathan S. Stokes|Stokes]]<ref name=Catalogo /><ref>http://www.theplantlist.org/tpl/record/tro-28300135 ''{{PAGENAME}}'' en PlantList]</ref> é unha [[Cultivar|especie cultivada]] moi común en Galiza, de pequeno tamaño e pólas amarelo-arroibadas que se empregan para tirar [[vime]]. Tamén é empregada coma ornamental en xardíns británicos polos gomos amarelos dourados durante 1-2 anos, antes de tornárense castaños. Son especialmente decorativos no [[inverno]] (moi comúns na paisaxe galega); un mellor efecto é conseguido ao podar a árbore a rente do chan cada dous ou tres anos para estimular a produción de gomos novos e máis longos con mellores cores. Outros dous [[cultivar]]es similares, o 'Britzensis' e o 'Cardinal', teñen gomos laranxa avermellados. Unha variedade ornamental é tamén o '''salgueiro tristeiro''' ''S. alba ssp. vitellina "Tristis"''