Pobo taíno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 30 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q210623
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
Os '''taínos''' foron un pobo arahuaco procedentes da área de [[Venezuela]], que ao longo dos séculos foron poboando as distintas illas do arco [[Antillas|antillano]]. Cando os taínos chegaron ao Caribe, este xa estaba habitado por outros pobos como os [[igneris]] e os máis antigos aínda [[período Arcaico de América|arcaicos]]. O nome taíno significa "bo ou nobre" en [[arahuaco]].
 
[[Ficheiro:Duho.jpg|miniatura|Figurilla taína]]
 
Cando os primeiros navegantes españois chegaron ás illas do Caribe, os taínos estaban en plena loita cunha etnia rival, os [[Caribe (etnia)|Caribes]], que xa conquistaran as Antillas Menores. Nese entón a sociedade taína dividíase nuns cinco reinos controlados por ''caciques'', a quen se lles pagaba tributo. Frei [[Bartolomé de las Casas]] no seu libro ''[[Historia Xeral das Indias]]'' relata que no ano de [[1508]] quedaban uns 60.000 taínos na illa da [[A Española|Española]]. Para [[1531]] a explotación e as enfermidades reduciran o número a 600.