Diferenzas entre revisións de «Xoán Casiano»

m
Arranxos varios
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
m (Arranxos varios)
}}
 
'''Xoán Casiano''' ou '''Cassiano''', nado en [[Escitia Menor]] entre os anos [[360]] e [[365]] e finado en [[Marsella]] en [[435]], foi un sacerdote, asceta e [[Pais da Igrexa|Pai da Igrexa]].
 
== Traxectoria ==
Descoñécese o seu lugar de nacemento, probablemente [[Escitia Menor]], na desembocadura do [[Danubio]], aínda que é seguro que se formou en [[Belén]] e viviu durante sete anos como [[eremita]] no deserto de [[Exipto]]. Posteriormente recibiu o [[diácono|diaconado]] en [[Constantinopla]] de mans de san [[Xoán Crisóstomo]], e foi ordenado sacerdote en [[Roma]] polo papa [[Inocencio I, papa|Inocencio I]].
 
Cara ó [[415]] fundou a [[Abadía de San Víctor de Marsella]], formada por dous [[mosteiro]]s, un masculino e outro feminino, para os que redactou os seus escritos máis importantes: as ''Institutiones,'' nas que expón as obrigas do monxe e examina os vicios contra os que ten que estar prevido; e as súas vinte e catro ''Collationes'', onde, en forma de diálogos con monxes famosos da antigüidade —como un complemento ás ''Institutiones''— trata diversos aspectos da vida monacal, alaba a vida eremítica e indica que a vida ascética é a mellor vía para loitar contra o pecado.
 
Os seus escritos teolóxicos influíron nas doutrinas [[semipelaxianismo|semipelaxianas]].
 
== Posteridade ==
San [[Bieito de Nursia]] recomendou ós seus monxes a lectura dos escritos de Xoán Casiano, e empregounos como fundamento para a súa [[Regra de San Bieito|regra]], onde en certas pasaxes repítese palabra a palabra citas de Casiano e a mesma regra afirma que debe ser prolongada polas ''Conferencias dos Padres e as súas Institucións'' de Casiano.
 
Os monxes de Occidente apréciano como un dos principais mestres da vida monástica e consideran bo que lles teñan permitido beneficiarse da experiencia dos primeiros monxes de Oriente.
Despois do seu pasamento, o [[Concilio de Orange (529)|segundo Concilio de Orange]], en [[529]], condenou o [[semipelaxianismo]] e deu unha formulación teolóxica da graza tal como preconizaba [[Agostiño de Hipona|Santo Agostiño]]. O concilio pronunciouse contra os que, como '''Xoán Casiano de Marsella''', [[Vicente de Lerins]] e [[Fausto de Riez]], daban un papel máis importante ó [[libre albedrío]].
 
Algunhas localidades preto de [[Lérins]] levan o seu nome. Porén os seus escritos foron lidos amplamente nos mosteiros de Occidente.
 
Figura no calendario de santos da [[Igrexa ortodoxa]] onde é moi estimado polos seus escritos e a súa posición sobre a [[graza]], onde os ortodoxos se recoñecen, mellor que nas de [[Agostiño de Hipona]]. Así é como moitos monxes e bispos ortodoxos levan o seu nome.
393.002

edicións