Iahrdseit: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 5 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q2006856
m →‎top: Arranxos varios
Liña 2:
'''''Iahrtseit''''' (יאָרצײַט, ''"Tempo (dun) ano"'' en [[yiddish]], escrito tamén ''iortsait'' coa [[ortografía iiddish]] estándar do [[YIVO]], Instituto Científico Xudeu; ''Iohr Tseit'', ''iahrseit'', e ''iartseit'', é un termo usado polos [[xudeu]]s [[asquenací]]s non yiddish-parlantes para referirse á conmemoración anual do día da morte dun familiar.
 
Esta data tamén é coñecida en [[lingua xudeu-española|ladino]] como ''naghala''. É de práctica xeral, baseada na tradición xudía de que os doentes deben conmemorar a morte dun parente.
 
Os familares que teñen que completar este ritual son os fillos, irmáns, esposos e pais dos finados. A [[minghag|costume]] discútese en profundidade por vez primeira en ''Sefer HaMinhagim'' (publicado en 1566) polo [[rabino]] [[Isaac Tyrnau]].
Liña 8:
A data do ''Iahrtseit'' determínase polo [[calendario hebreo]], e cae anualmente na data hebrea da morte dos parentes defuntos.
 
A principal obriga ''ghalaghic'' é recitar a versión da oración ''[[caddish]]'' propia do doente tres veces (mañá, tarde e noite), e moitos acoden á sinagoga aos servizos matutinos (''Shacharit''), vespertinos (''Mincha'') e nocturnos (''Maariv'') dese día. (Durante o servizo de pregarias o caddish é recitado, polo menos, catro veces). Un costume, ou [[minghag]], moi estendido, é aquel no que os parentes acenden unha candea especial que está acesa vinte e catro horas, chamada "candea do ''Iahrtseit''".
 
Acendendo unha candea do iartseit en memoria dun ser querido é unha tradición que está profundamente arraigada na vida xudía, honrandoa memoria e as ánimas dos defuntos.